Once xornadas sen perder. Trinta e un puntos logrados dos últimos trinta e tres posibles. Eses son os números do líder da Primeira Autonómica. O C.D. Foz está a facer unha campaña sobresaínte, logo de xa raiar a moi bo nivel o pasado ano. Malia a ter números que asustan, comparte liderato con outro dos grandes da categoría, a S.D. Sarriana, polo que cada partido é unha final polo ascenso.

Este domingo, ás 16:15 h. no Acebreiro terán un rival que chega coa moral reforzada: U.D. Pastoricense, que ven de gañar, tras remontar un 2-0 adverso a un rival directo na loita por evadir os postos de perigo como o C.D. San Ciprián, no partido adiado por mor da cicloxénese Ana. Según José Luis Folgueira «Farra», referencia ofensiva do conxunto do Acebreiro «foi un encontro que se nos puxo moi complicado tras chegar ao descanso con dous goles en contra, marcador algo abultado para o visto no campo. Na segunda metade propuxemos un xogo moito máis directo e acadamos a remontada. Tres puntos que nos saben a gloria despois de como se puxera o encontro«. Os pupilos de Víctor López «Vitín», quererán seguir sumando para acadar a permanencia o antes posible, e non verse arrastrados por posibles descensos de categorías superiores. «Necesitamos os puntos o antes posible para que non haxa sorpresas de última hora», apunta Farra. Para o dianteiro da U.D. o encontro ante o líder «é un deses encontros que a todos nos gusta xogar, chegamos con moitas ganas. Foz e Sarriana son os máximos favoritos ao ascenso, pero sen descartar os equipos que veñen detrás«.
Manuel Mendes «Manolo», o 9 do conxunto focense advirte da dificultado do encontro, «é un equipo moi forte físicamente e que sabe moi ben o que fai en cada momento do partido, ademáis os encontros no Acebreiro fanse longas e eles apretan moito«. Pero é consciente do bo momento do seu equipo «chegamos moi ben, nun gran momento e con confianza para facer un moi bo partido«. A ariete focense cre que a loita polo ascenso será igualada ata o final «somos seis equipos que estivemos compartindo os primeiros postos desde o comezo de liga e creo que será así ata o final. Sarriana, Riotorto, Chantada, Lemos, Xove Lago…non descarta a ningúen. Levamos unha racha moi boa e queremos que continue, pero co paso das xornadas os partidos son máis complicados»



ESTA FIN DE SEMANA TAMÉN PODES VER . . .
Terceira División
– Racing Villalbés – C.D. Barco (Domingo ás 16:30 h. na Madalena): Cuarto contra terceiro. Os de Gilsanz, logo do meritorio empate nas Somozas quererán afianzar o posto de playoff ante un dos equipos máis fortes da categoría, que este ano están dando o mellor de si mesmos.


Preferente Norte
– Viveiro C.F. – Polvorín S.D. (Domingo ás 16:30 h. en Cantarrana): Importantísimo encontro para os dous conxuntos. Os mariñáns teñen que confirmar que os dous últimos encontro non foron un espellismo e están en condicións de saír dos postos de perigo, mentras que o filial lucense, tras derrotar ao líder quererá seguir sumando para consolidalo posto de ascenso a Terceira.

– Ribadeo F.C. – Agrupación Estudiantil (Sábado ás 16:30 h. no Pepe Barrera): partido entre equipos en racha. Os de Fiz, tras sete encontros sen perder, buscan recurtar diferencias cos equipos en ascenso, mentras que os visitantes, tras un mal comezo de liga, chegan situados na metade da táboa.
Primeira Autonómica
– C.F. Riotorto – Club Lemos (Domingo ás 17 h. na Veiga): partido entre aspirantes ao ascenso, aos que lles costa seguir os ritmo de Foz e Sarriana. O que salla derrotado terá moi complicado voltar a engancharse aos postos cabeceiros.

– A.D.C. Valadouro – Ferreira C.F. (Domingo ás 16:15 h. no Árbol): os pupilos de Julio César Castro, moi irregulares nas últimas xornadas non poden permitirse errar no seu campo para evitar complicacións de última hora, mentras que os de Pantón, en descenso, intentarán acadar tres puntos que lles permitan seguir soñando coa permanencia.
– Taboada C.F. – S.D. Chantada (Domingo ás 16:15 h. na Medela): os locales, logo dunha mala racha de resultados que os descolgaron dunha posible loita polo ascenso tentarán gañar o derbi ante un Chantada que agarda reducir diferencias cos dous líderes da categoría.

Segunda Autonómica
– Guitiriz S.D. – S.D.C. Roupar (Domingo ás 16:15 h. no Suso Cruz): os de Delfín Romero, intratables na primeira volta, nas últimas xornadas amosaron a súa peor cara. Malia iso, seguen en posto de ascenso. Reciben a un Roupar que só perdeu un dos sete últimos encontros.

– S.D. Oural – S.D. Chantada B (Sábado ás 16:15 h. no Luis Pallín): unha derrota na última xornada relegou dos postos de ascenso ao Oural, en favor do seu rival deste sábado. O filial chantadino loitará por seguir ocupando posto de privilexio.
Terceira Autonómica
– C.D. Corgo – C.D.Goiriz (Domingo ás 17:15 h. no Municipal do Corgo): Loita polo liderado da fase de ascenso entre os dous equipos máis en forma. Os locales continúan invictos.
Segunda División Feminina
– Ribadeo F.C/A Pontenova – S.C.D. Pastoriza (Domingo ás 12 h. na Mina): as ribadenses enfróntanse ao único equipo que conseguiu derrotalas neste ano do seu debut. Se as de Nacho Pérez acadan o triunfo métense de cheo na loita por un ascenso que parecía utópico alá polo mes de setembro.