Diario dun mercado. Episodio 543

O mercado segue activo a pesares de estarmos a piques de rematar o mes de agosto. De feito, no fútbol feminino amósase especialmente movido. Tanto é así que o PM Friol anunciou a continuidade das súas tres capitás: as All Star Nerea Rodríguez e Andrea Vigo, ademais da goleadora Yoleidis.

Rival das friolenses será, por certo, Sabela Gómez. A futbolista viguesa con raíces na Ulloa seguirá no Atlético Vilalonga. E precisamente desde o club de Sanxenxo marcha Candela Otero ao Olímpico de León. A talentosa xogadora lucense xogou o curso anterior en Segunda Federación logo da desaparición do CD Lugo. Na última parte da tempada regresara momentaneamente á Milagrosa e axudoulle as súas compañeiras a conseguir o ascenso á Primeira Galega.

O mercado feminino está moi movido

No fútbol masculino, o Foz incorporou a xogadores chamados a ser importantes. O central Borja chega desde o Iberia e o mediocentro Roi Campos, desde o Ribadeo. Ademais, o Oural quere continuar na Primeira e renova a parte fundamental do grupo: Cepeda, Yago, Michi, Joalvin e Juan Carlos seguen no cadro cementeiro. Na Segunda, o Alfoz renova a Juan, David, Anxo, Ramos e Víctor.

mercado
Víctor, ao igual que Juan, David, Anxo e Ramos, protagoniza o mercado de hoxe.

Por último, na Terceira, o Carballedo contará un ano máis con Elías Fiunte, mentres que Alfonso Gesto será o novo adestrador do Rioaveso Machinango, acompañado no corpo técnico de Álex Muñiz. O que xa fora xogador do club regresa así a Paraños nunha nova faceta. Toma a remuda de Asier Lozano que puxo fin a un ciclo de tres anos e agora formará parte do corpo técnico do Racing Villalbés B.

Diario dun mercado. Episodio 543

Chantada e Lemos, a 28 minutos e

Diario dun mercado. Episodio 543

Diario dun mercado. Episodio 543