Juan Rodríguez, adestrador do Racing Villalbés

Juan Rodríguez (R.Villalbés): «Temos o reto de facer un bo bloque»

Juan Rodríguez dirixirá ao Racing Villalbés despois dunha primeira tempada na Terceira RFEF na que conseguiron cumprir con todos os obxectivos de forma sobresaínte. Tras lograr unha clasificación moi meritoria para a promoción de ascenso, o conxunto da Magdalena tivo que modificar o seu equipo con ata 18 movementos entre baixas e altas. A aposta segue sendo clara, conformar un bloque sólido no que tamén se poida dar impulso a todos os rapaces da base que fagan méritos para poder entrar no primeiro equipo.

Futbolinlugo: Segunda tempada ao fronte do Racing Villalbés, pero, antes de nada, como valoras o envite do curso pasado?

Juan Rodríguez: Creo que a valoración é moi positivo. Foi un ano de cambios no club no que nos marcamos obxectivos de competir o mellor posible e dar entrada a rapaces da base. Cumplimos ambos e estamos moi contentos co que acadamos.

F: Semellaba que o obxectivo era a permancencia e chegastedes á promoción. Como se explica iso?

JR: É certo que hai un ano había pesimismo xeralizado porque houbo oito baixas e tres altas. Faltaba descubrir o potencial que hai na base e co paso das semanas con toda a implicación do grupo acadamos facer un equipo no que imperaba o colectivo. Fomos gañando confianza e creo que conseguimos afastar eses pantasmas do verán axiña porque no entroido tiñamos a premanencia atada. Cando comezamos o ano firmaríamos o final que se deu.

F: Semellaba un ano continuista pero tivestedes 18 movementos no primeiro equipo.

JR: A principio de mercado a idea era que non houbese tantos movementos, pero houbo decisións que cambiaron os planes e así o afrontamos.

«Queremos que o Villalbés teña a humildade de non crerse mellor e o descaro para non sentirse inferior»

F: Este ano non hai os dous grandes equipos do ano pasado, pero con esta revolución cal é o obxectivo do Villalbés? Salvación ou voltar á promoción?

JR: Desde o club sempre se marca con cautela o obxectivo da permanencia sabendo da dificultade da categoría. Como deportistas, a mensaxe é a mesma. Ter a humildade para non crernos mellores que ninguén e o descaro para non sentirnos inferiores. Para a afección é moi bonito dicir unha posición, pero o obxectivo e ser os mellores en todo o que depende de nós. A chave do ano pasado foi que tivemos clara a importancia do colectivo. Estamos moi satisfeitos coas chegadas e agora temos o reto de convertir todo nun bo bloque

F: Contanos un pouquiño das fichaxes para ir facendo as delicias do público

JR: Tratamos de compensar altas e baixas. En defensa chegou Chans, que pasa de sub-23 e estaba no Mirandés B e que pode ser central e lateral e que se adapta moi ben ao noso estilo, porque nos permite apretar. Martín xa é moi coñecido na provincia e é un lateral zurdo de moitísimo percorrido. Por último nesta liña, trouxemos a Marcos Aller que dá moita versatilidade e que ten moito potencial coa súa enerxia e as variantes que pode dar. No centro do campo, traemos a Brais Prieto que nos permite ter unha versatilidade que buscamos.

Na parcela ofensiva foi onde máis pezas cambiamos. A Melo xa o coñecemos do fútbol ourensán e vainos dar chegada, un contra un e traballo defensivo. Javi Muiño aporta xuventude e enerxía que nos vai axudar a estirar o equipo. Adri Castro é moi coñecido no fútbol galego. Cremos que nos pode axudar en diversas facetas e estilos de xogo. Hai que manter o que está ben, pero á vez buscar un paso máis en variantes e Adri vai axudar neso. Rodri Alonso trae moita experiencia e a min persoalmente gústame desde hai tempo. Axudará aos novos a poder medrar e será unha peza importante no grupo. Julio Lansade leva varios anos na provincia e que se pode adaptar a diferentes contextos, algo que é unha liña a seguir en todas as fichaxes. Vainos dar dinamismo.

F: Cales son os rivais a bater na nova Terceira RFEF?

JR: Diriache que a Sarriana se reforzou moi ben, firmou nomes e xogadores. O Montañeros tamén fixo os deberes e o Céltiga tamén fixo un mercado moi positivo. Boiro manten unha base excepcional. O Somozas, xunto a Sarriana, é o equipo que mellor firmou. Estradense leva moitos anos así. Se sigo así, nomeo a toda a categoría porque mesmo un recién ascendido como o Lalín tamén fichou de marabilla. O nivel medio da categoría é moi forte pese a que non haxa un gran nome porque os equipos que suben van dar a talla.

Juan Rodríguez (R.Villalbés): «Temos o reto de facer un bo bloque»

Diario dun mercado. Episodio 537