Suso Coto seguirá no Catro Roldas neste mercado

Diario dun Mercado. Episodio 521

A edición 521 do Diario dun Mercado vai directa ao grao, xa que durante as últimas horas deuse unha situación que cambia o paradigma do fútbol lucense. O Lugo B non sairá esta tempada, como adia. Esto remata coa historia dun filial albivermello que viña de facer campañas moi destacadas, xogando incluso na Segunda RFEF unha tempada cando aínda era Polvorín. Os lucenses tamén firmaron un convenio de colaboración coa Sarriana que dará prioridade aos da Ribela para contar con xogadores cedidos e no ámbito metodolóxico.

O mercado na Terceira vai a máis

Na Sarriana non é a única novidade, xa que os da Ribela fixeron oficial a renovación de Iago Parga. O central sarriao seguirá na súa casa despois da súa volta na tempada pasada. O Racing Villalbés tamén se move, pero no corpo técnico. Juan Rodríguez seguirá acompañado de Roberto Freire como segundo, Héctor Fernández como preparador físico, Iván López como adestrador de porteiros, compatibilizando coas súas funcións no Meira, e Ari Núñez como fisioterapeuta. A maiores, Joaquín Breijo, novo coordinador da base, tamén se integrará no grupo de traballo.

Os lucenses tamén son protagonistas fóra dos nosos marcos. O dianteiro ribadense All Star Futbolinlugo Dani Pedrosa seguirá no Estradense despois de que na pasada campaña conseguisen entrar na promoción de ascenso co mariñán como protagonista. Tamén se moven as cousas no Somozas, onde Aldán Naval se une a Lucas Fanego como os lucenses que xogarán no Manuel Candocia como locais.

Continuidades importantes na Primeira Futgal

Pasamos directamente á Primeira Futgal, onde o mercado non se frea en ningún momento. As renovacións son parte importante en equipos como o Racing Villalbés B, que renova ao canteirán Yago Vázquez, no Ribadeo, onde manteñen a confianza na calidade de Matías Casal despois de dúas tempadas complicadas coas lesións, no Santaballés, que seguirá tendo nas súas filas ao eterno Play aos seus 41 anos, e no Brollón, onde David Rodríguez xogará a súa cuarta campaña.

A Segunda Futgal tamén ve como os equipos se moven.. No caso do Celta Barreiros é cunha marcha como a do focense Jhoseba, mentres que en Santa Comba hai un regreso importante como o de Yeyu despois dun ano parado e a firma de Diego Vidal. No Ferreira haberá un debut no fútbol sénior como vai ser o de Javi Durán, que chega desde o Calasancio xuvenil. No ascendido Abadín, Bufy e Ferre seguirán, mentres que noutro promocionado como o Catro Roldas seguirá Suso Coto como líder no banco.

Por último, o Diario dun Mercdo de hoxe péchase coa Terceira Futgal, onde Raúl Díaz seguirá por quinta campaña consecutiva no Relámpago Taboada.

Diario dun Mercado. Episodio 521

Diario dun Mercado. Episodio 521