Os equipos están de vacacións, o Diario dun Mercado ferve e, os que poden, planifican xa diversos aspectos da vindeira tempada. Nas últimas horas a Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) fixo oficial as datas de inicio das ligas do curso 2026/2027. A SD Chantada é un dos equipos que máis novidade lle causará o seu comezo, logo de regresar á Preferente.
A primeira fin de semana de setembro (5 e 6) é unha das datas clave, xa que volverán a competición a Terceira RFEF, Preferente e Primeira Futgal.
Coas incógnitas que rodean nestes momentos ao CD Lugo e coa previsible non saída en competición do seu filial, serán tres os representantes da provincia en 3ª RFEF: Viveiro, Racing Villalbés e Sarriana.
En Preferente e en Primeira non é oficial a organización dos grupos. O que si se sabe é o número de representantes da provincia confirmado nelas:

4 en Preferente: Burela, Pol, SD Chantada e Lemos.
18 en Primeira Futgal: Folgueiro, Foz, Ribadeo, Lourenzá, Santaballés, Racing Villalbés B, Outeiro, Milagrosa, Residencia, Becerreá, Oural, Guntín, Monterroso, Taboada, Chantada Atlético, Escairón, Brollón e Lemos B.
O ascenso do Lemos B na promoción de Segunda, permite que se manteñan 22 equipos lucenses entre as dúas categorías, os mesmos que este curso. Non obstante, o sistema de competición implantando en 2024 segue sen beneficiar o balompé lucense. A provincia só asegura dous ascensos á Primeira cando, como mínimo, baixan tres conxuntos.
O PM Friol comezará a liga a segunda finde de setembro
A seguinte fin de semana, 12 e 13 de setembro, botará andar a Terceira RFEF feminina, tal e como publicou a Real Federación Española de Fútbol (RFEF). O PM Friol volverá ser o único equipo lucense presente nela. A principal novidade é que a liga estará conforma desta vez por catorce equipos, o que permitiu nas últimas horas o ascenso da EFF Rosalía de Ourense. O cadro ourensán fora eliminado na fase de ascenso polo Atlético San Pedro. Con ambos equipos estivo pelexando polo ascenso esta última campaña o Antas.
Esta, será outra tempada de transición no fútbol feminino español, xa que no curso 2027/2028 está prevista unha nova reforma integral. A segunda categoría, Primeira RFEF, pasará de un a dous grupos, e a terceira división, Segunda RFEF, terá catro grupos, en lugar de tres. Por este motivo, o 1º e o 2º clasificado da liga do PM Friol ascenderán á 2ª RFEF.
A última 2ª de 16 equipos iniciará tamén o 12 e o 13 de setembro
Unha semana agardará a Segunda Futgal, con respecto as anteriores categorías, para iniciar a competición. Continuará conformada por dous grupos de 16 equipos. Previsiblemente, será a última vez que isto aconteza. A reunión dos clubs en primavera acordara reducir os grupos a 14 conxuntos na campaña 27/28. O obxectivo, segundo indicaran, era equilibrar máis o número de clubs coa 3ª.
Grupo 1: Xove Lago, Candelaria, Alfoz, Celta Barreiros, Iberia, Riotorto, Meira, Pastoricense, Mondoñedo, Abadín, Castro, Catro Roldas, Goiriz, Cabreiros, Xermade e Guitiriz.
Grupo 2: Piringalla, San Roque, San Lázaro, Santa Comba, Corgo, Portomarín, Paradela, Sarriana B, Incio Terra Brava, Rubián, Ferreira, Chantada B, Monterroso, Antas, Palas e Friol.
Polo momento non é oficial a data de comezo da Terceira Futgal nin da Primeira, Segunda e Terceira Galega de futfem.
Queres vestir como un auténtico All Star? Pide a túa equipación ou camisola
O deseño de cada camiseta para o All Star Futbolinlugo é tendencia cada verán. De feito, cada vez se ven máis polos ximnasios, polas praias ou polas rúas. Desde a terceira edición en Mondoñedo, e atendendo á demanda unha vez máis, poñemos en venda as camisetas que conmemoran a gran festa do fútbol lucense.Neste caso, a roupa correspondente a VI edición, que acolleu o campo do Acebreiro en Pastoriza.
Valen como recordo, valen como agasallo ou valen para o que cada un queira. Podes adquirir unha equipación exclusiva que creamos en colaboración con Deportes A Chaira e Spall, empresas líderes no seu sector. Podes escoller entre mercar tan só a camiseta ou a equipación completa (camiseta e pantalón, sen medias) de calquera das indumentarias que estiveron presentes no VI All Star. Ademais, a túa escolla será completamente personalizable: nome e dorsal irán incluidos de balde!
O prezo é de 32 euros a camiseta e 45 a equipación completa. Velaquí un exemplo de cada unha das prendas:










Iso si, a edición é limitada. Tes ata o 15 de xullo para reservar a túa a través do seguinte formulario: pincha aquí. Lembrade cubrir todos os espazos requeridos. Grazas polo gran número de reservas anticipadas e pola gran acollida que sempre ten o noso evento.

