#Fútbol afeccionado

Diario dun mercado. Episodio 508

Comezamos esta nova edición do noso Diario dun Mercado coa despedida dun clásico da Madalena. David Buyo deixa o Racing Vilalbés logo de nove temporadas, nas que foi un fixo no perfil zurdo da defensa e acadou o histórico ascenso do club a Segunda RFEF.

Se baixamos á Primeira Futgal as novidades chegan desde a capital da provincia. Logo de asinar a continuidade de Rafa Casanova no banquiño, a Residencia renovou aos seus catro capitáns. Chiqui, Diego Bravos, Adrián Rasilla e Tebi seguirán un ano máis no conxunto da Cheda. Tamén o Lourenzá segue perfilando o cadro de xogadores que dirixirá por segunda temporada Rubén Acebedo. Os defensas Jose e Miguel Hermida continuarán no ‘Atleti’, así como os atacantes Pichi e Álex Costea . O xuvenil David Rivas, que xa gozou de minutos esta temporada, será xogador do cadro sénior a todos os efectos.

O Iberia renovou a Lucas Cabana, defensa xuvenil que xa disputou vinteseis partidos a pasada temporada. No mesmo concello, o Celta Barreiros asinou a contratación de Thinga, procedente do Candelaria e con pasado recente tamén no San Ciprián. O veterán Toni tamén seguirá no conxunto celeste. O Xove Lago mira cara a prolífica canteira viveirense para reforzar o seu cadro de xogadores. Axel Ruíz ‘Pitu‘ e Alejandro Pernas ‘Piche‘ militarán no conxunto verde procedentes da SD Viveiro xuvenil. O Santa Comba xa conta con novo adestrador logo da saída de Yeray. Será Alvarito, ata o de agora segundo técnico, que asumirá galóns logo de varios anos como axudante.

Luis Romay non seguirá á fronte do Pol B, no que será o segundo ano de existencia do filial. O técnico non se desvincula do club chairego e seguirá dirixindo na base polense.

Diario dun mercado. Episodio 508

O Lemos convivirá con dúas fases de

Diario dun mercado. Episodio 508

Diario dun mercado. Episodio 508