#Fútbol afeccionado #Segunda Futgal

O Noso 11 A Chaira (23ª xornada)

A 23ª xornada da Segunda Futgal deixou os seguintes destacados na sección ‘O Noso 11 A Chaira’. Papel destacado para Xoel, do Folgueiro, que foi protagonista tamén no triunfo do seu equipo en Meira, nun encontro aprazado que se xogou o xoves de San Xosé.

Na zona sur, o Portomarín é outro dos protagonistas ao vencer tamén o seu encontro aprazado diante do Santa Comba.