Os Máxicos asinan catro empates e dúas victorias visitantes

Os Máxicos achéganse á recta final de temporada cos obxectivos por cumprir. O Monterroso asalta o terceiro posto logo do pinchazo do Ribadeo, mentres que o Xove supera ao Iberia no derbi para saír de postos de descenso.


O Oural e a Milagrosa empatan no Luis Pallín (1-1). Os Máxicos de Madriles adiantáronse na primeira metade por medio dunha pena máxima e mantiveron controladas as ofensivas locais, baseadas no xogo directo. Porén, os de Jorge melloraron as prestacións tras a reanudación e afundiron aos albivermellos no seu campo. Cando o partido estaba chegando á súa fin, unha rápida transicións dos sarriáns, culminada cun centro lateral, supuxo o 1-1 que se tornou definitivo

O Castro e o Foz empatan sen goles no Arturo Pereiro (0-0). Foi un duelo pechado, con poucas chegadas e cun fútbol gris por parte de ambos conxuntos. Aínda así, os dous adestradores demostraron un gran traballo na parcela defensiva, nun choque táctico e con moita intensidade no centro do campo. Ao final, a tarde rematou sen goles en Castro e ambos equipos achéganse un punto máis á permanencia.

O Guntín saca un punto do Sangoñedo (0-0). Os Máxicos laranxas foron quen de sortear a presión local, tan efectiva habitualmente, especialmente no primeiro tempo. Porén, a SD Chantada demostrou que tamén saben defender ben máis repregados, e apenas concederon ocasións. A máis clara dos primeiros 45′, de feito, foi a do local Pablo. No segundo tempo, a igualdade foi protagonista, aínda que os de Traste tiveron algo máis de presenza en campo rival por medio de balóns parados e centros colgados á área. Aínda así, os ataques non birllaron e o marcador non se moveu, 0-0.

O Chantada Atlético remonta na segunda metade en Outeiro de Rei (1-2). As dúas primeiras ocasións foron para os visitantes, pero o Outeiro de Rei colleu o pulso do xogo paseniño e logrou adiantarse na primeira metade despois dunha transición moi ben executada e culminada por Veiga.

Co paso dos minutos, e especialmente tras o cambio de sistema do Chantada Atlético, o guión foi oposto. Os Máxicos chairegos perderon o control do partido e viron como a calidade dos «atléticos» remontaba o resultado. David Delgado primeiro e Asier pouco despois anotaron os goles chantadinos ante unha defensa local que se mostrou pouco contundente no segundo tempo.

Os Máxicos de Piru levan 4 victorias nos últimos 5 partidos.


A reacción do Brollón chega tarde en Maside (2-1). Os Máxicos ourensáns golpearon primeiro cando estaba a piques de rematar o primeiro tempo, e o golpe psicolóxico que supuxo o primeiro gol afectou ao Brollón ata despois do descanso, cando chegou o segundo tanto local, 2-0. Os de Chura reaccionaron e apretaron ao seu rival no seu campo, pero o gol de Casanova, que recurtaba diferenzas no 85′, chegou tarde. Aínda así, os lucenses tiveron opcións ata o final, pero os erros en defensa e as numerosas baixas impediron sacar nada positivo do Outeiro Grande.

Un famento Taboada non deixa opción a un apático Santaballés (4-1). Os Máxicos de Martín Murado foron dominadores no primeiro tempo: superaron en intensidade e en todas as disputas aos chairegos, que sufriron moito os verticais ataques do Taboada, especialmente polo sector dereito. Tanto foi así que o resultado ao descanso era de 3-0. Na segunda metade, o Taboada amosouse máis conservador e houbo un ritmo máis baixo, pero fixeron o 4-0 antes de que Paredes maquillase o resultado final co 4-1.

O Ribadeo e o Racing Villalbés ‘B’ empatan noutro dos partidos sen goles da xornada (0-0). Os Máxicos mariñáns tiveron algo máis de presencia en área rival, aínda que Gegunde dispuxo de dúas boas ocasións na primeira metade, que detivo ben Iñaki. O Ribadeo chegou con timidez, pero mellorou no segundo tempo diante duns chairegos que se defenderon como puideron.

Santi tivo o 1-0 nas súas botas pero na definición e, pouco máis tarde, unha ocasión múltiple dos locais tampouco perforou a rede dos seus rivais. Ao final, reparto de puntos no Pepe Barrera nunha tarde marcada polo pouco acerto e pola volta aos terreos de xogo do celeste Diego Ferreiro logo dun ano de lesión.


Mauro consolida á Residencia na promoción e o Escairón afástase (1-0). Foi un dos Máxicos da xornada, Mauro Busi, o que inclinou o resultado a prol dos branquiazuis na Cheda. O choque estivo igualado e coa intensidade propia de dous conxuntos chamados a disputar o ascenso, pero os Máxicos locais acertaron na definición antes do descanso. Tras o paso por vestiarios, o Escairón tivo máis presenza en campo rival, pero non puido perforar as redes do seu rival e os puntos quedaron na beira do Miño, 1-0.


O Xove imponse ao Iberia nun duelo vibrante (1-0). Suma e segue o Xove Lago de Piru, que se impuxo nun derbi de urxencias a un Iberia que mostrou unha gran versión. A intensidade, as disputas e as segundas accións foron as protagonistas nunha tarde con poucas ocasións e nun partido que se resolveu nun balón parado no primeiro tempo: Javi Barja, un dos máis destacados do cadro local, acertou na definición e deixou tres puntos vitais para a carreira pola permanencia no Municipal.


O Monterroso aséntase na terceira posición a costa do Lourenzá (0-4). A superioridade do Monterroso, inmerso nunha gran dinámica, púxose de manifesto no primeiro tempo. Unha boa xogada de Héctor culminada por David foi o 0-1, outro centro rematado por Gabi o 0-2 e, aínda antes do descanso, chegou un precioso gol de Davor para poñer o 0-3. Na segunda metade, os Máxicos de Cerdeiriños defendéronse ben e puxeron a guinda co definitivo 0-4 de Pardo.

Máxicos