O Burela conseguiu unha gran vitoria ante O Val de Narón nun encontro que foi toda unha choiva de goles, xa que a Marosa viviu un 4-3 cheo de emocións. Entre todas as figuras, deslumbrou un Adri Kun que deu unha exhibición cun doblete que lle serviu ao Burela para poder levarse o encontro. Estes foron os primeiros goles na Preferente dun xogador chamado a ser unha peza moi importante para o conxunto que dirixe Oke.
Ademais, o Burela está nun gran momento de forma, no que están achegándose ás posicións da promoción de ascenso tras un comezo de tempada sorprendente. Adri Kun pasouse polos micrófonos do Ser Deportivos Lugo desta semana e enfrontouse ás preguntas de Álex Gato, presentador do programa, e Eros López, redactor de Futbolinlugo. Na entrevista falaron do encontro ante O Val, o proxecto do Burela e os obxectivos da tempada.
Entrevista a Adri Kun do Burela
Encontro ante O Val: «Puido gañar calquer equipo, foi un encontro de infarto. A min gústanme este tipo de partidos, aínda que a Oke non tanto. Estou recuperando ritmo porque veño de lesión. Cada vez estou máis cómodo».
Proxecto do clube: «Somos todos amigos, que é o máis bonito. Loitamos porque nos gusta o fútbol e o Burela, que é o mellor de todo. O que está facendo Jairo Campo cun proxecto de xente da zona é o mellor proxecto no que estiven na miña vida».

Obxectivos da tempada: «A verdade é que non pensabamos neso, tomamos unha nova liga con ánimo e queremos seguir nesta boa liña. Pensar no que vai pasar no futuro non é o meu, son máis de levar un pensamento cholista de ir partido a partido e mirar obxectivos no final de tempada».
Apodo de Adri Kun: «Ven dos pais de Viveiro de cando estaba en xuvenís. Penso que me parecerei xogando e por iso mo puxeron e ao final quedou así».

