O temporal deixa a moitos Máxicos sen partido

A borrasca Herminia deixou pegada no fútbol dos Máxicos. Este domingo tan só se disputaron 3 dos 10 partidos que implican a equipos lucenses na Primeira Futgal, mentres que os restantes 7 agardan por unha nova data para a súa disputa (actualización ao final do artigo).

As condicións climatolóxicas impediron que se desenvolvese con normalidade unha xornada na que a choiva e o vento foron protagonistas tanto nas localidades nas que non houbo fútbol coma nas que sí que se celebaron os partidos.

Os Máxicos do Oural sacaron 3 puntos de ouro

A SD Chantada asalta o feudo do Taboada (0-1). O choque púxose de cara para os visitantes cando Manu anotou un gran gol de falta directa. O campo, enchoupado, impediu fútbol combinativo por parte de calquera dos dous conxuntos, que se encomendaron ao pragmatismo e en non cometer erros. Apenas houbo ocasións para ningún dos dous equipos, aínda que o Taboada acumulou moita xente en área rival no treito final do partido e estivo preto da igualada, pero os visitantes defenderon ben e levaron os tres puntos cara o Sangoñedo.

O Castro imponse ao San Lázaro nunha tarde fría (5-1). No Anexo do Arturo Pereiro tampouco corría ben o esférico, e aínda que o Castro anotou rápido, os Máxicos celestes empataron ao pouco tempo. Porén, os locais adaptáronse mellor ao contexto e contaron con numerosas ocasións antes dun tempo de lecer no que o resultado era de 2-1. Na segunda metadem chegou a efectividade do equipo dirixido por Dumi, que sentenciou o choque con tres goles máis, 5-1.



O Oural remonta e suma tres puntos de ouro diante do Outeiro (2-1). O Outeiro aproveitou o vento a favor na primeira metade e fixo o 0-1 nunha acción desafortunada dos locais, e puido ampliar a renda con ocasións a través do xogo directo que propuxeron. Porén, na recta final da primeira metade, un balón filtrado de Weimar e un gran xesto técnico de Mario traducíronse no 1-1. No segundo tempo, os sarriáns dominaron o choque, aínda que o Outeiro errou un man a man nunha transición. Finalmente, unha acción na que Cayuela arrincou desde banda dereita para disparar supuxo o 2-1 que deixou tres puntos vitais no Luis Pallín.

máxicos
Os Máxicos do San Lázaro non puideron co Castro.

O Santaballés gaña con solvencia ao Pastoricense (4-1). A superioridade local foi manifesta neste duelo que se disputou no mes de febreiro.

O Guntín imponse en Burela (3-4). A victoria do Guntín no feudo mariñán, logo dunha primeira parte con moi bo fútbol e unha segunda na que aproveitaron a ansiedade local, deixou o título dos Máxicos moi aberto de cara ás últimas 4 xornadas.



A Residencia supera ao filial do Racing Villalbés (2-4). Os branquiazius sacaron tres puntos de ouro do Estadio Roca, axudados por dous golazos de falta directa de Dani Renda. Precisamente, o triunfo dos Máxicos da Cheda reduciu a «renda» do Burela na cabeza da táboa.

O Lourenzá gaña no Sangoñedo diante dun mal Chantada Atlético (0-3). O plan de partido saleulles á perfección aos visitantes, que aproveitaron os erros con balón do rival e a gran capacidade de transitar dos seus dianteiros para anotar tres tantos e sacar os mesmos puntos nun dos campos máis complicados da categoría.

O Meira aférrase á salvación logo de gañarlle ao Monterroso (4-3). A renda dos Máxicos de Rubén Bergantiños era de 4-1 nun gran partido de todos os locais, pero especialmente de Alonso. O Monterroso apurou as súas opcións con dous goles na recta final, pero os puntos quedaron na casa.

Reparto de puntos nun precioso derbi mariñán (3-3). Xove e Foz deron un gran espectáculo de fútbol pero ningún puido levar a victoria. O reparto de puntos constatou que os dous cadros rendiron a un grandísimo nivel ao longo de toda a temporada.

A Milagrosa empata cun dos «cocos» e segue sumando (1-1). Unha mágoa o tanto final do Alertanavia, que reduciu a 1 punto o botín noutro gran partido dos de Madriles, que encaran a recta final da temporada nunha dinámica moi positiva.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *