O Castroverde celebra a súa última victoria ante o Rioaveso

O Castroverde, o equipo máis en forma de Galicia

O Castroverde quere poñer rumbo á Segunda Futgal dende o grupo norte da Terceira Futgal, pero o que non esperaban é que a súa xeira de 11 victorias consecutivas, 10 en liga e unha en copa, convírteno no equipo senior masculino galego con mellor xeira de victorias ata o momento. Un dato increíble que só o Cordeiro do Grupo 5 da Primeira Futgal iguala en liga, pero en copa perderon. Esto fai que sexan segundos a só tres puntos do Goiriz na loita polo campionato e cun marxe de sete puntos co play off.

Os datos dun Castroverde de récord

A xeira de victorias ven acompañada dunhas cifras dignas dun soño. Dende a súa última derrota, a cal foi na cuarta xornada ante o Rioaveso, os de Iago Núñez non volveron a ir por detrás no marcador en ningún momento. Nesta xeira completaron unha volta perfecta vencendo a todos os rivais da súa liga, o que fai inda máis meritorio este momento de forma do conxunto lucense. Con estas 11 victorias consecutivas, superaron a xeira do Burela, líder da Primeira Futgal, de 9 victorias como a mellor de toda a tempada no fútbol lucense.

Especialmente, a gran chave, inda que Iago Núñez non a atopa, «se tivera a chave dáballa a Tino Saqués para que o Lugo remontase», está nas áreas. Ao longo desta xeira, o Castroverde conseguiu marcar 33 goles a favor e só recibiu tres tantos en contra. Algo meritorio sabendo que, por exemplo, no último partido, non tiñan porteiros dispoñibles e tivo que quedar Borja, un xogador de campo. Sobre todo no aspecto defensivo, houbo unha clara mellora. «O ano pasado nos últimos meses xa o melloráramos, pero en anos anteriores tiñamos unha diferencia de goles negativa e encaixabamos con moita facilidade».

Iago Núñez, adestrador do Castroverde: «Todo está saíndo de cara»

Iago Núñez, adestrador do Castroverde, afirma que «todo está saíndo de cara esta tempada, o que outros anos non saía este ano sí e esa sorte tamén entra en xogo. Xa o ano pasado acabamos a tempada nunha gran forma competindo moi ben nos play offs, algo que mantivemos este ano». Tamén destacou o gran traballo do seu antecesor, Fran, que «lles meteu unha actitude competitiva que facía falta no equipo», que tamén segue moito o momento do equipo. «Tanto Fran coma xogadores que estiveron aquí e xente do pobo que está lonxe e veu polo Nadal preguntábanos polo momento do grupo con moita ilusión e pensando que este podía ser o ano do ascenso a segunda».



Iago Núñez destacou que «competimos ben todos os encontros, algo que tamén o notamos dende o inicio inda que os resultados non nos acompañasen nas primeiras catro xornadas» cunha plantilla que é «a mesma de sempre», pero que o seu gran núcleo non supera os 24 anos. O adestrador puxo o punto de inflexión no final da tempada pasada, onde «a experiencia de competir nos play offs cambiou moito a mentalidade dos xogadores e agora nótase que están moito mellor dentro do campo».

O soño do Castroverde está claro, voltar á Segunda Futgal. «Sería un ascenso moi loitado, xa que levamos seis anos loitando nesta categoría. Sería algo cociñado con moito tempo. De cando baixamos, só dous xogadores continúan agora mesmo no clube, xa que o resto chegou ao ano seguinte». O desexo vai tamén relacionado con «non ter a espiña cravada, xa que o que estamos facendo ao longo de toda a tempada está sendo moi bonito e non queremos que se quede nunha anécdota. Queremos pensar en manter esto para acadar o ascenso e non festexar inda nada».



Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *