Cambiou o capitán do barco, non así o obxectivo. A meta do Meira non é outra que salvarse esta tempada na Primeira. Despois do adeus de Manolo García no pasado decembro, na Lomba apostan por un técnico emblemático da provincia. Rubén Bergantiños López (Paradela, 1980) desempoa de novo a súa pizarra despois dun soberbio ciclo no seu pobo natal. Por iso, quixemos falar con el unha vez xa asentado no banco meirego.
FUTBOLINLUGO: Boas míster! Como chega Rubén Bergantiños ao Meira?
RUBÉN BERGANTIÑOS: Ía ser un ano sabático. Estaba canso e necesitaba resetear. Chamáronme un par de equipos pero con eles vin que eran moi boa xente. E vinos moi vivos e involucrados pese ao que di a clasificación. Gustoume desde o principio.
FIL: En que se está a focalizar no traballo destas primeiras semanas?
R. B: Eu vinos por vez primeira en Outeiro de Rei. Mentalmente vinos cos brazos baixos e un equipo moi longo, sen ir xuntos a unha. Comezamos a traballar sobre iso. Sobre a fase de non ter balón e ir para adiante e para atrás xuntos sen el. O que tiña claro é que había que tratar o tema moral. Con 8 puntos e 40 e pico goles encaixados, a moral non podía estar ben.
FIL: Vaise reforzar o Meira neste mercado invernal?
R. B: Non nos pechamos a reforzar o equipo. Quero seguir cos que hai, iso quédame claro. Salvo que esté claro, non haberá reforzos. Hai boa calidade humana e futbolística. É mellor unirnos os que hai que meter cousas raras no vestiario.
FIL: Por onde pasan os opcións de permanencia do equipo?
R. B: Hai que facerse fortes na Lomba. Quedan 8 partidos na casa. Gañando 4-5 partidos na Lomba e rascando algo fóra, aí están as contas. Van facer falta sobre 32-34 puntos para manterse.
FIL: Por último, falemos do seu último conxunto. Como ve ao seu Paradela este curso?
R. B: O Paradela está moi ben. Fixeron unha primeira volta espectacular. Vinos moi fortes e unidos. Teñen que seguir así aínda que o cadro de xogadores sexa curto. Sabemos que se se manca alguén van sufrir, pero alégrome por eles. É un bo equipo e cun par de cousiñas pode ser este ano. Ogallá que si. Fichando un par de cousas estarían para subir!