#Fútbol afeccionado

Dumi (Castro): «Aceptei o cargo de adestrador con moita ilusión»

O pasado 22 de xuño, no IV All Star Futbolinlugo celebrado no campo do Ladairo en Guntín falamos con Diego Pardeiro ‘Dumi‘, ata daquela capitán do Castro. Un dos clásicos do noso fútbol que pasou polo Racing Vilalbés, Foz, Ribadeo e que cumpriu nove temporadas no cadro do Arturo Pereiro.

Agora, unha vez colgadas as botas, colle o temón do Castro do que será adestrador en Primeira Futgal, e faino co claro obxectivo de devolver ao club máis cedo que tarde á Preferente.

Futbolinlugo: Estaba meditada a decisión da retirada a final de temporada?

Dumi: Antes de rematar a temporada dinlle un par de voltas e decidín deixalo. Dar un paso ao lado. Con corenta anos é o momento dar un paso ao lado, aínda que seguirei vinculado ao club.



FIL: Deixas o fútbol, pero pasas aos banquiños para dirixir a cadro sénior do Castro.

D: Si, xa era o cordinador da base, adestraba os xuvenís e tamén me encargaba da dirección deportiva do primeiro equipo. Tiven unha reunión co presidente e encargoume ser o adestrador do primeiro equipo e a verdade que aceptei o cargo con moita ilusión. É un gran club para traballar, con moi boas instalacións e bos futbolistas cos que podemos acadar os obxectivos.

FIL: Xa renovastes a varios futbolistas importantes . . .



D: Comezamos a falar cos xogadores que estaban no club cedo e moitos aceptaron desde o primeiro momento. Futbolistas que estaban moi cómodos no Castro e que decidiron axudar nesta nova etapa. Reforzarémonos para que o club retorne á categoría que entendemos que debe estar, que é a Preferente. A idea é ter un bo cadro de xogadores para pelexar polo ascenso.

FIL: Que cres que fallou para que o Castro non acadase a permanencia en Preferente?

D: Dinlle moitas voltas. Despois dun montón de anos xogando ao fútbol nunca me pasou o desta temporada. Fixemos unha moi boa primeira volta, que rematamos na zona alta da clasificación, pero comezamos cunha racha moi mala, con moitas derrotas, lesións . . . Faleino con compañeiros e non é doado de explicar. Deixamos a catro equipos de debaixo, condeáronnos os arrastres e hai que aceptalo. Agora toca pelexar por voltar o próximo ano.

FIL: Con que momentos te quedas da túa carreira como futbolista?

D: Sempre te quedas cos máis felices que son os ascensos. Logrei dous ascensos a Terceira co Ribadeo e co Castro e tamén a Preferente con este último. Son os momentos máis felices, pero a verdade é que en todos os clubs estiven moi cómodo. No Racing Vilalbés estiven moitos anos, desde os seis ata os vintecatro e teño un gran recordo.



Dumi (Castro): «Aceptei o cargo de adestrador con moita ilusión»

Diario dun mercado. Episodio 451

Dumi (Castro): «Aceptei o cargo de adestrador con moita ilusión»

Diario dun mercado. Episodio 452

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *