#Fútbol afeccionado #Segunda Futgal

Javi ‘Tanketín’, o polivalente líder do Guitiriz

A definición de polivalente feita xogador. Hoxe temos con nós a un home versátil, que xa xogou prácticamente de todo noso fútbol, e sempre ofrecendo un rendemento extraordinario. Javier Ferreiro López ‘Tanketín’ (Friol, 1993) está a vivir un regreso dourado á súa casa. É o claro pichichi dun Guitiriz (promedia máis dun gol por encontro) que aspira a todo esta campaña. Sen máis, deixamosvos a conversación que tivemos con él.

 

FUTBOLINLUGO: Boas Javi. Como está sendo esa volta ás orixes, ao teu Guitiriz?

JAVI TANKETÍN: Atópome moi a gusto, sen dúbida. Xogo cos amigos e xa coñecía aos compañeiros, vai moi ben.Resultado de imagen de tanketin castro



FIL: No entanto, atopámonos cun Javi marcando moitos goles e xogando en punta (atópase a un só tanto do pichichi Montoya). Quen tivo a idea de que deixaras a zaga, onde tanto destacaches no Castro?

J.T: Eu cando fora a castro fun como interior, pero xa estaba xogando antes en Guitiriz coma mediapunta ou dianteiro. En Castro adapteime ás posicións nas que me tocou xogar. Estaba contento con xogar. Iso sí, a min gústame máis xogar máis arriba, tendo esa opción de chegada dende atrás.

En Castro adapteime ás posicións nas que me tocou estar. A min gústame xogar máis arriba



FIL: Nesa época en Castro pasaches a ser un home codiciado no mercado de Terceira División e Preferente. E este verán vemos que Javi baixa tres categorías para participar na Segunda Galicia. Explícanos isto!

J.T: Foi máis que nada polo tema de traballo. O tempo non me chega a nada coas personas que me interesa e quero, así que decidín isto. Ao fin e ao cabo estar con elas é o que mais importa.

FIL: Ollando cara atrás, non botas nada de menos desas categorías superiores?

J.T: Algo de menos si que se bota pero eu estou cómodo, moi ben cos compañeiros. Xogas por gusto e sen presión. Ata seguramente haxa máis intensidade na Segunda Galicia. Aquí sempre se recibe apretado. Na Preferente é distinto.

Na Segunda xogas por gusto e sen presión. Ata seguramente haxa máis intensidade



FIL: E agora saltemos ao futuro, veremos ao Guitiriz ascender esta campaña?

J.T: Como di o noso adestrador, imos ir pouco a pouco. Cada partido son tres puntos menos para non descender

Javi ‘Tanketín’, o polivalente líder do Guitiriz

Antonio López, Santa Comba «Dije que jugaría

Javi ‘Tanketín’, o polivalente líder do Guitiriz

Trío de ases Terceira (Xornada 11) e

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *