#Fútbol afeccionado #Feminino

O Chantada empeza o ano coa súa primeira vitoria do curso

Ano novo, vida nova. O Chantada empeza a cumprir o seu desexo co primeiro triunfo da tempada na Segunda Galicia. O cadro de Jorge González gañou ao Victoria FC C nun encontro no que apenas recibiu ocasións. A presión alta chantadina fixo moito dano a un equipo santiagués que se adiantou ao cuarto de hora. Ángeles igualou ao pouco do 0-1 e as irmás Sara e Eva asinaron a remonta na segunda metade.

O derbi de Segunda só tivo unha cor: a do Antas. As de Dani Abelairas dominaron en todo momento a unha Milagrosa inferior. As da Ulloa levaron o control do balón de principio a fin intentando facer un xogo moi combinativo. Ao descanso o marcador era de 0-3.

Na segunda metade, cos cambios; o Antas dispuxo de numerosas ocasións, e de non ser pola boa actuación de Ainara na meta capitalina, o resultado tivera sido maior. Nuria de gol olímpico, Elisa cun lanzamento afastado que sacudiu o traveseiro; e Eva, cun disparo cruzado, puxeron o 0-6 final.

Pola súa parte, un San Roque cheo de baixas volveu de baleiro da súa visita a Cee. O cadro de Quiroga perdoou ocasións suficientes como para gañar con comodidade ao tempo de lecer. No entanto, marchou cun 2-1 en contra aos vestiarios froito dos erros propios. Na reanudación, as verdibrancas acusaron o pouco número de adestramentos que tiveron neste último mes; e pegaron un baixón físico, que impediu rascar algún punto na Costa da Morte.



O Carballedo adestrou na matinal do domingo ao non presentarse o Vista Alegre na Terceira galega

Se non hai sorpresas de última hora, o Carballedo terá tres novos puntos sen marcarlle un só gol ao Vista Alegre. O equipo santiagués non se presentou ao seu choque no Catro Ventos e a Sementa non lle quedou outra que montar un adestramento improvisado na matinal do domingo.

O Monte Forte levou un empate agridoce do complicado feudo do Curtis. As de Cristian Penas desperdiciaron un 0-2 favorable nun encontro moi trabado e físico. As monfortinas nunca puideron realizar o seu xogo e cederon dous puntos no tramo final.

A Comercial descansou esta xornada e recordamos que o San Lázaro superou ao CD Lugo B no encontro adiantado desta data número 14 na Terceira Galicia.



Dúas derrotas lucenses no inicio de ano na Terceira RFEF

O CD Lugo entrou no novo ano con mal pé. O cadro de Joaquín Blanco sucumbiu ante un Victoria superior e viu como varios dos seus rivais directos esta semana gañaban os seus partidos.

As albivermellas plantexaron un duelo moi ofensivo, asumindo precaucións en defensa. O mesmo fixeron as santiaguesas, que se foron mellores nese ida e volta. Dentro deste bonito intercambio de golpes, o CD Lugo tivo o seu momento. As capitalinas dominaron o final da primeira metade e o inicio da reanudación. Mesmo mereceron empatar neses intres. Porén, xusto aí, chegou o 1-3 que mandou á lona ás lucenses.

Idoia golpea o esférico ante a presenza de Carmen (Milagrosa) e a súa compañeira Nuria Louzao. ROBER CARREIRA

Pola súa parte, un PM Friol afectado pola gripe (varias xogadoras causaron baixa por esta enfermidade) caeu en Vigo na tarde de Reis. O fútbol vistoso do Sárdoma impúxose nas Relfas. O equipo de Toni Martínez chegou con suma facilidade por bandas durante toda a primeira metade. O 2-0 pasada a media hora era consecuencia do bo xogo local. Aínda así, Thimote dispuxo de dúas boas oportunidades para igualar antes do tempo de lecer. E o Sárdoma quedou sin un terceiro tanto, por fóra de xogo.

O equipo de Geluco Villar e Ángel Buján, o novo técnico titular das lucenses, metíase de cheo no encontro nos primeiros compases do segundo acto. Thimote desquitouse co 2-1 e o PM Friol carburaba moito mellor. Olalla evitou instantes máis tarde o empate de Yoleidis. Parecía que a igualada visitante era cuestión de tempo.

Caprichos do fútbol, a viguesa Elena Pérez errou nun pase atrás e Albiol sentenciou para o Sárdoma. Os últimos vinte minutos convertéronse nun trámite, no que Bella rozou o cuarto para as viguesas. Iso si, o marcador non se moveu máis.



Thimote, ao rescate do PM Friol B na Primeira Galicia

Deportes A Chaira en Castro e AtmosferaSport en Lugo están adheridos ao 'Bono Deporte' da Xunta de Galicia cuxas axudas chegan ata os 120€.

Por último, o filial friolés sumou un valioso empate nun dos feudos máis complicados da Primeira Galicia. Thimote abriu a lata aos cinco minutos de xogo nun encontro cheo de alternativas. O Lóstrego B empatou antes do ecuador do primeiro acto e púxose por diante a vinte minutos da conclusión. Porén Thimote, a gran protagonista do partido, aínda tivo algo máis que dicir. Marcou o seu segundo gol, terceiro de amarelo na pasada fin de semana, e deulle un punto de ouro ao cadro de Geluco Villar. O PM Friol B segue en descenso. Iso si, a un só punto de afastarse do perigo.

Resultados da xornada

CD Lugo 2-5 Victoria FC

Sárdoma 3-1 PM Friol

Lóstrego B 2-2 PM Friol B

Milagrosa 0-6 Antas

Chantada 3-1 Victoria FC C

Cee 3-1 San Roque

Curtis 2-2 Monte Forte

Carballedo – Vista Alegre (suspendido)

Descansa: Comercial

O Chantada empeza o ano coa súa primeira vitoria do curso

Máxicos Salvatierra. Xornada 17

O Chantada empeza o ano coa súa primeira vitoria do curso

A Piringalla lidera as conquistas de 3ª

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *