O grupo lucense de Primeira Galicia xa coñece o calendario para a temporada 2023-2024, a última co actual formato de competición. Tal e como anunciou a Federación Galega, o vindeiro ano crearase un sexto grupo a nivel galego (existirán seis grupos de dezaoito equipos cada un), co cal se eliminarán os famosos e temidos arrastres. Na campaña que vai comezar só existirán os arrastres provocados por descensos dalgún equipo galego de Segunda RFEF.
Na nosa provincia, a competición na Primeira Galicia comezará o vindeiro día 10 de setembro e rematará o 19 de maio de 2024. Trinta e catro xornadas apaixoantes do fútbol que máis nos gusta. O primeiro clasificado ascenderá a Preferente de xeito directo, mentres que o segundo e terceiro clasificados xogarán un play off a doble partido (ida no campo do terceiro). O gañador tamén acadará o premio do ascenso. Os tres peores clasificados descenderán a Segunda Galicia.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2023/08/00100_1000002319_G3.jpg)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2023/08/00100_1000002323_PLAYOFF2.jpg)
A temporada da comezo con dous enfrontamentos que destacan por enriba dos demáis. O Escairón-Pol, dous dos grandes candidatos ao ascenso, mediranse no Municipal do Saviñao na procura dos tres primeiros puntos da campaña, mentres que o Portomarín-Outeiro de Rei que supón o retorno dos miñotos á categoría, fronte a outro dos conxuntos chamados a pelexar nas primeiras prazas. Dos recén ascendidos, dous comezan a temporada no seu feudo. O Meira recibe na Lomba ao Lourenzá e o Guitiriz fai o propio co Foz. Milagrosa e Guntín xogarán a domicilio, no feudo de Taboada e Chantada Atlético respectivamente.
A competición non fará descanso ata as festas de Nadal, diputándose incluso xornada intersemanal o día 1 de novembro. Na segunda volta non haberá xornada coincindo co Entroido (10 de febreiro) e en Semana Santa (31 de marzo).