#Fútbol afeccionado

Diario dun mercado. Episodio 389

Comezamos este novo episodio falando de fútbol feminino. O Peluquería Mixta Friol acadou a renovación da xogadora venezolana Yoleidis Lizcano. A Comercial incorpora a María, Marga e Cris, mentres que no San Lázaro renovan as defensas Lourdes e Lucía Devesa. O Monteforte renova a Carla Vázquez.

O Monterroso anunciou a continuidade de Omar Gómez como segundo adestrador. Desta volta acompañará a Josito Jul, que se estrea no banquiño de Cerdeiriños. O Guntín incorpora ao mediocentro Carlos Lodeiro.

No Cospeito seguirán unha temporada máis Rui e Brais. O Sporting Pontenova comeza a articular o seu cadro de xogadores para a nova campaña en Segunda Galicia. Gabri continuará un ano máis defendendo a portería da Mina e o talentoso centrocampista Marounane incorpórase ao conxunto que adestrará Castro. No San Roque, Piru fará tándem con Fer no corpo técnico do cadro branquiverde.

O Antas, que tamén militará esta temporada na Segunda Galicia, renova a Méndez, Xurxo, Marcos, Garea, Anxo e Álex Diéguez. O Paradela asina as fichaxes de Jony e Edu, mentres que Alfonso Gesto renova nas filas do Xermade.



O Celeiro ficha a Álex Regueira, futbolista que militou no Ourol FS e anteriormente formado na canteira do Viveiro. No Rubián xogará Javi, mentres que o Castroverde renova a Adrián Suárez.

Diario dun mercado. Episodio 389

A última Primeira Galicia no actual formato

Diario dun mercado. Episodio 389

Diario dun mercado. Episodio 390

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *