Xa non queda nada. Este sábado comeza a Segunda Galicia e no grupo sur faino ao grande, xa que na primeira xornada haberá dous derbis. Un deles, o chantadino, entre o Chantada Atlético e o Chantada B no Sangoñedo (sábado ás 17h) e o outro, o da Ulloa, co Palas que visita o campo do recén descendido Antas (sábado ás 18h). Antes de que o balón rode, repasamos a actualidade dos equipos da competición. Dase a circunstancia que este ano caeron catro descensos de Primeira Autonómica.
Chantada Atlético, formando proxecto de futuro
Pretemporada intensa para un Chantada Atlético que está construíndo un proxecto de futuro despois de sufrir unha renovación a temporada pasada. Reforzouse coas chegadas de Adrián Pérez e de Iván Gayoso. O seu adestrador, Fran Regal, afirma que o obxectivo non é ascender xa, senón que todos os xogadores se sintan competitivos e manter un bloque para facer un equipo de futuro.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2017/09/milagrosa_sanlazaro-300x192.jpg)
Milagrosa, época de cambios
![]()
Despois de dous descensos consectuivos a Milagrosa levou a cabo una profunda renovación na que só se manteñen sete futbolistas con respecto ao cadro de xogadores da campaña pasada. Incorporanse sete xuvenís adeamais das fichaxes onde o club apostou por repescar a xogadores con pasado no equipo lucense, ben en categorías inferiores ou ben no primeiro equipo. O adestrador Manolo Couso afirma que están en construcción e que lle hai que dar tempo ao equipo. A competición dirá se a Milagrosa pode loitar por retornar á Primeira.
Chantada B, nova ilusión
Ricardo dirixe a outro dos recén descendidos que lle toca reformarse ano a ano pola súa condición de filial. Conta coa incorporación de cinco xogadores procedentes do xuvenil. O obxectivo é formar aos futbolistas para o primeiro equipo que este ano competirá na Primeira Galicia. Aínda así tamén queren estar na parte alta da clasificación, ao seu adestrador gustaríalle estar entre os oito ou nove primeiros postos.
Palas, sempre presente
O conxunto da Ulloa é un dos equipos que os seus rivais dan tamén como candidatos para estar un ano máis na parte alta da clasificación. Mantén o bloque e o ano pasado foi o conxunto que máis preto estivo de logar o ascenso ao rematar na terceira praza, a un punto do Ferreira que foi segundo.
Brollón, xente nova para suplir as baixas
Rematou a temporada pasada pelexando polos postos de ascenso á Primeira. Juan Carlos Gallardo «Chura» inicia a súa quinta campaña á fronte do equipo dende o banco. Conta cun cadro de xogadores algo renovado, sobre todo con xente nova que terá que adaptarse á categoría. O seu adestrador ten claro que o feito o ano pasado non conta e que o primeiro obxectivo deber ser sumar os puntos necesarios para a tranquilidade do equipo.
Friol, mellorar o éxito do ano pasado
O Friol optou nesta pretemporada por adestrar máis e xogar menos, pero agora comeza o serio. Despois dun ano no que conseguiron chegar a final da Copa e xogala no Anxo Carro, toca encarar un novo curso con ilusións renovadas. Mentense o bloque con algún reforzo importante polo que o obxectivo será estar ben colocado para chegar as últimas xornadas con opción de pelexar polo ascenso.
San Lázaro, continuidade e a pola confirmación
Merino comanda a nave do San Lázaro nun proxecto continuista no tocante aos futbolistas con só dúas novidades. Unha delas, moi recente, a fichaxe de Rubén Candal para apuntalar a defensa e gañar en saída de balón. O obxectivo é ambicioso, consciente da igualdade da categoría, o adestrador apunta que cre que teñen un cadro de xogadores preparado para loitar polo ascenso.
Oural, un paso adiante
O conxunto sarriano inicia un novo curso coa idea de mellorar o feito na temporada pasada. Finalizaron nunha meritoria oitava praza, aínda que máis preto dos postos de descenso ca da zona alta, onde se rompeu a liga no último tramo de competición.
Santa Comba, entra nas quinielas
O equipo da capital lucense é un dos conxuntos que comeza a soar con forza entre os seus rivais como candidato a estar nos postos altos da clasificación. A temporada pasada finalizou na novena posición máis preto dos postos de descenso ca dos postos altos que dan opción a loitar polo ascenso, algo que tentarán cambiar este ano.
Sporting Lucense, época de cambios
A nova unión coa Comercial (que competirá en Terceira) permitiu manter xogadores da Comercial que o ano pasado tamén competiron en Segunda ademais dos tres que quedan do equipo no ano pasado. É un conxunto que está nacendo e que se reforzou tamén con xogadores procedentes do San Roque e do Corgo. Prevese un equipo con moito potencial que pode ser unha das sorpresas da temporada sobre todo conforme vaian pasando as xornadas xa que aínda quedan cinco ou seis xogadores por entrar no equipo por diversos motivos. De primeiras o obxectivo é salvarse canto antes.
Rubián, menos apuros
O conxunto do concello de Bóveda estivo rozando o descenso ata as derradeiras xornadas da liga pasada na que os arrastres doutras categorías mantiveron en vilo a varios conxuntos. Para o novo curso que se inicia tentarán buscar unha maior tranquilidade ao longo da competición.
SD Becerreá, aumento de xogadores para non pasar apuros
Varias caras novas este ano polo SD Becerreá no que destaca a incorporación de catro xogadores procedentes do xuvenil. Conta cun cadro de xogadores máis amplo ca o ano pasado. Non puideron demostrar todo o seu potencial na pretemporada polos amigables previstos, pero finalmente non xogados por faltar rival nas últimas horas previas. O propósito é pasar menos apuros ca temporada pasada, onde conseguiron a salvación na última xornada.
Castroverde, un xogador á fronte
Diego Gigán faise cargo da dirección dende o banco do Castroverde despois de xogar no equipo verde nas últimas tempadas. Xa ten experiencia en xestión de grupos despois de adestrar ao equipo feminino de baloncesto CB do Lea. Ademais do adestrador do ascenso, Fran Veiga, marcharon algún xogadores importantes e veremos como se adapta o equipo a nova categoría.
Portomarín, volve Manu
O ex-adestrador do Rubián volve a que foi a súa casa para iniciar esta nova etapa na Segunda Galicia. Colle a herencia de Sergio Gallego que non puido seguir por motivos persoais, pero que logrou manter a grandes rasgos o grupo do ascenso. Perde, iso si, ao que foi o pichichi da Terceira o ano pasado, Óscar López, que fichou polo Portomarín.
Monterroso B, o debutante
O filial do conxunto monterrosino estrea categoría despois de conseguir o ascenso a temporada pasada nunha final ante o Río Sil. O equipo estará adestrado esta temporada por Brais co obxectivo de seguir formando futbolistas para o primeiro equipo da Primeira Autonómica.