As ligas locais de base botarán a rodar o día 16 de setembro

Tanto en infantís, cadetes e xuvenís, as ligas locais deste ano prometen. Todos os anos dan moito que falar, por distintos derbis comarcais, ou mesmo porque comezan a despuntar algunhas promesas nelas. Os calendarios xa son oficiais, e Futbolinlugo conta con eles integramente.

Primeiro falaremos dos máis pequenos, os infantís, que estarán repartidos en dous grupos (norte e sur), comezando ambos o día 16 de setembro. Esta serán as dúas primeiras xornadas en cada un deles.

Para coñecer o calendario completo, preme aquí: Calendario Infantil Norte Calendario Infantil Sur

E continuamos polos cadetes. A disposición dos grupos é a mesma, un para os equipos do norte da provincia e outro para os do sur. A primeira fase da liga serán once xornadas cheas de emoción, goles e, sobre todo, diversión!

Tamén tes dispoñible todo o calendario neste enlace: Calendario Cadete Norte Calendario Cadete Sur

Por último, os xuvenís. Os máis maiores da base sempre queren culminar a súa etapa cun bo recordo, de aí que sexan unha das ligas máis emocionantes do noso fútbol!

Contamos tamén co calendario enteiro e íntegro: Calendario Juvenil Norte Calendario Juvenil Sur

Agardemos que os nosos rapaces compitan tan ben coma sempre e que se consigan todos os ascensos posibles ás respectivas Ligas Galegas.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*