As semifinais da Copa xa teñen protagonistas. A SD Antas recibirá ao Ribadeo no Castro Seoane, mentres que a SD Pol visitará O Sangoñedo para medirse ao Chantada Atlético en dous choques que prometen emocións fortes logo dunhas eliminatorias de cuartos de final vibrantes.
O único conxunto da Preferente que queda vivo é o Ribadeo, que vai moi en serio a polo título. Os de Dani Moirón non deron opción a un Pastoricense que xa perdía por 0-2 no minuto 2′ de xogo. Unha versión moi seria dos celestes impediu aos do Acebreiro darlle unha alegría aos siareiros logo dun ano moi duro para eles. Finalmente, o marcador foi de 0-7 a prol dos mariñáns.
Sí que deu a sorpresa, pola contra, o Antas. Os do Castro Seoane recibían a un Portomarín famento de victoria, pero que non deu coa tecla na tarde do domingo. Os visitantes adiantáronse cun gol en propia meta, pero pouco despois Gabri fixo o empate co que se chegou ao descanso, 1-1. Ambos goles chegaron en accións a balón parado, pois o encontro apenas contou con ocasións. Os do Chao da Poza foron algo más incisivos no segundo tempo, pero os locais defenderon ben e chegaron á tanda de penaltis con máis confianza. O erro de Fernandito foi fatal para os seus, pois o Antas conseguiu anotar todos os seus lanzamentos e pasar de ronda.
Tamén desde os once metros se decidiu o duelo chairego entre Pol e Outeiro de Rei (2-2 no tempo regulamentario). Unha boa transición rematada por Tichu puxo o 0-1 a prol duns visitantes moi enchufados no inicio. Aínda que a calidade local permitiu que o Pol empatase nunha xogada de estratexia, Pereira aproveitou o estado do campo nunha acción que supuxo o 1-2 cun gran gol de vaselina.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
A reacción do Pol tras o descanso foi inmediata, pois Fran Pastor puxo o 2-2 no segundo 30» da reanudación e, logo do empate, foi o Outeiro o que intentou desequilibrar a balanza, pero sen éxito. Os locais quedaron cun xogador menos na recta final, pero o seu oficio defensivo impediu que se rompese a igualada. Foi entón cando chegou o momento de Parapar: o gardamallas foi chave ao deter o único penalti que se errou en toda a tanda para darlle o pase aos seus.
Pechou os cuartos o duelo entre Chantada Atlético e Santaballés (3-0), no que o resultado é máis enganoso do que parece co resultado. Os chairegos estiveron moi ben plantados no campo pese a chegar moi escasos de efectivos a Chantada, evitaron as oportunidades locais no primeiro tempo e contaron con opcións ao contragolpe. A treboada foi protagonista no inicio do segundo tempo e, de feito, foi no minuto 67′ cando unha cesión dos visitantes ao seu gardamallas freou o balón nun charco. O porteiro tivo que botar a man ao coiro fóra da área, o que supuxo a súa expulsión.
A sorte aliouse co Chantada Atlético, que anotou o 1-0 no lanzamento de falta, vantaxe que lles permitiu aos locais respirar. Porén, o Santaballés tirou de valentía e dominou o resto do encontro, contando con dúas ocasións claras para anotar, pero foron de novo os chantadinos os que golpearon co 2-0 e o 3-0 que sentenciaron o encontro nunha tarde de moita choiva no Sangoñedo.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)