Foto de portada: Mariluz Fagín
Volveu a Segunda Rexional ao seu formato habitual na liga regular. Dezaseis equipos en cadanseu grupo da categoría lucense competirán ao longo de trinta xornadas. O primeiro de cada grupo ascende directo e do 2º ao 5º xogarán un play off, a principal novidade para este curso.
Na zona norte, a competición comezou accidentada para o incombustible Lourido. A ambulancia tivo que vir a Lomba buscar ao lateral meirego logo dun choque co gardamallas rival. Continúa recuperándose no hospital. Polo menos o seu equipo puido dedicarlle os tres puntos ante o Folgueiro.
Con bo pé comezou tamén o Iberia coa súa vitoria na casa ante a Fonsagrada. A domicilio foron quen de gañar na primeira xornada o Roupar, o Xermade e o Muimenta. O Roupar venceu no Cascabeiro ante un Celta Barreiros en construción. O Xermade superou ao filial do Castro que se estreaba na categoría e o Muimenta derrotou no derbi ao Cospeito pola mínima.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
Tamén gañou nesta xornada a Candelaria adestrada por Abel Eijo ante o Alfoz. O Guitiriz e o Cabreiros igualaron na xornada inaugural cun gol visitante nos últimos intres e o Goiriz e a Comercial empataron sen goles no Ventiño.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2022/09/VICTOR-CATRO-ROLDAS-1.png)
Na zona sur, a SD Becerreá comezou a tempada como a rematou. Gañando con contundencia, neste caso a domicilio ante o Corgo. Tamén o Paradela chegou a cifra de cinco goles e venceu ao Lemos B. Non se quedou escaso na conta goleadora o Ferreira. Marcou catro no seu duelo ante a Milagrosa.
Ademais do Becerreá, o único equipo que foi quen de vencer a domicilio foi o San Roque. Fixóo pola mínima nun partido histórico no Catro Ventos para o Carballedo, a súa primeira cita en 2ª. O gardamallas Roi foi o único imbatido na zona sur. O filial da SD Chantada logrou superar ao Brollón pola mínima.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
Por outra parte, o empate a un gol foi protagonista en tres encontros. Con este resultado finalizou o partido entre dous recén descendidos: Friol e San Lázaro; o choque xogado no Rodríguez Lago entre o Sporting Lucense e o Río Sil; e duelo do Ladairo entre o Guntín e o Oural.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2022/09/20220923_003213_0000.png)