#Fútbol afeccionado #Segunda Futgal

Unha Segunda máis renovada no grupo sur

A Segunda Galicia mantén o sistema de competición destas últimas temporadas e volverá ter dous grupos con cadanseus dezaseis equipos. Os dous primeiros clasificados de cada grupo ascenderán á Primeira, mentras que, como mínimo, os dous últimos decenderán á Terceira. O número pode verse aumentado no caso de posibles arrastres doutras categorías.

O Cospeito salvouse ao vencer na última xornada a un rival directo como o Catro Roldas

No grupo norte, un dos que apunta a ser referencia e o Burela que despois do seu descenso e de celebrar o seu cincuenta aniversario tentará subir, cando menos, unha categoría máis arriba. Estará acompañado por outros equipos que fixeron unha boa campaña e que pelexaron ata as últimas xornadas polo ascenso de categoría como o Guitiriz, o Lourenzá, o Iberia ou o Cabreiros. Ademais de outros conxuntos de gran tradición como o Pol, o Candelaria, o Mondoñedo, o Folgueiro, o Abadín, o Alfoz, o Cospeito e o Meira. Estes dous últimos salvados nunha última xornada de campionato agónica e na que o Meira permaneceu por mor de que tan só se produciu o arrastre do Burela.

Completan esta división os tres equipos que lograron o ascenso dende a Terceira norte. Por un lado, os dous conxuntos que subiron na fase regular, Ourol e Roupar; polo outro o conxunto que acadou o ascenso na fase de ascenso, o Matela.

O Monterroso B ascendeu na súa segunda temporada despois de eliminar na final ao Río Sil

Pola súa banda, no grupo sur foron máis os equipos que proceden dende a Primeira. Antas, Chantada B, Milagrosa e Chantada Atlético tentarán adaptarse a unha nova categoría na que continúan aqueles conxuntos que tamén estiveron pelexando ata as derradeiras batallas por conseguir o ascenso. Destacando por riba do resto Palas e Brollón. Completan a categoría o Friol (que estará apoiado en principio polo conxunto filial que vai saír en Terceira), San Lázaro, Oural, Santa Comba, Sporting Lucense, Rubián e SD Becerreá. Este último quédase na categoría debido a desaparición da Residencia B (que se une ao San Roque).



Completan a división os tres conxuntos ascendidos. Castroverde e Portomarín fixérono na fase regular, mentres que o Monterroso B conseguiuno na fase de ascenso.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *