PM Friol B e Lugo iniciaban a temporada na Cheda cun derbi para o recordo. Dúas das candidatas á zona alta víanse as caras na estrea e o encontro non decepcionou (2-3). Cinco goles nun encontro aberto que se resolveu nos últimos minutos. E no que o filial da Reigosa se adiantou ata tres veces. Stefane, autora dun doblete, liderou o ataque das visitantes ante un cadro albivermello que mereceu mellor sorte. Pero pecou de falla de acerto nos metros finais a pesares do gran partido de xogadoras como Berta, Esther ou a exxogadora do PM Friol Fany Varela.

No outro encontro da xornada na Primeira Galega, o Antas asinou un sufrido e traballado triunfo ante o filial do Victoria. Un solitario gol de Nuria Louzao complementou o gran traballo defensivo da liña de catro defensas (Mayte, Paula, Mel e Iria). Mantiveron ao rival sempre a raia.
Faltaron os goles na Reigosa
Na Primeira Nacional, o PM Friol A non puido pasar do empate sen goles ante o Sporting Gijón B. Demasiadas interrupcións nun encontro no que se impuxo o plantexamento defensivo astur ante o dun Friol que só xerou perigo en contadas ocasións.

O mellor da xornada: Dúas porterías a cero dos nosos equipos.


O peor da xornada: A falta de pegada do PM Friol A.