Creo que a mellor historia que teño para contar é xusto a de como empecei neste vicio do fútbol. Eu comencei en alevíns coa Milagrosa. Levaba o equipo un mítico como Avelino. Eu ía só a adestrar, nun principio. Xa que el non contaba comigo para os partidos.

Pero… chegou un día no que había moitas baixas. Entrei na lista, acórdome ben. Xogabamos contra o Polvorín na súa casa. Empecei de suplente e na segunda parte sacoume con empate a uns.
Nunha xogada chegou un córner a favor. Alí fun para rematar. Avelino gritoume que quedara no borde da área para un rexeite. Nun principio, fíxenlle caso. Pero… xusto cando o compañeiro foi golpear o balón, tirei para adiante cara o primeiro pau. E rematei o saque desde o curruncho coa sorte de que foi gol!
Cando acabou o partido eu estaba moi contento, xa que gañaramos o partido 1-2. Chegando ao vestiario encontreime a Avelino con cara de poucos amigos. E díxome o seguinte:


– » Que sexa a última vez que non me fas caso!».
Dende aquel día fun titular no equipo e quen sabe o que pasaría se non subira a rematar ese córner…
Disto hai xa case 30 anos… Un saúdo para todos os compañeiros, tanto de equipo coma rivais. Os cales me atopei durante todo este tempo.

Fernando J. Zas García. Romántico do fútbol. Exxogador de San Lázaro e Milagrosa, entre outros