O mercado segue sen dar tregua. O Viveiro, según adianta La Voz de Galicia, tería pechada a cesión do dianteiro Sidibe. O xove xogador, de só 19 anos, procede do xuvenil do Zaragoza e fixo a pretemporada co Polvorín, conxunto desde onde chega ao cadro mariñán. Tamén a edición de Lemos de La Voz adiantou a chegada ao Atlético Escairón do prometedor gardameta canario Álex Ávila, que competirá con Marcos Macía por un posto na portería.
O Chantada Atlético anunciou a fichaxe do monfortino Dámaso, que conta con experiencia no Calasancio, Taboada ou Relámpago e pode actuar de central ou medio centro. Un recén ascendido a Primeira Autonómica, o Portomarín reforza a súa defensa coa chegada de Josito, ex da Sarriana. O Riotorto asinou para a portería a Edgar Tourón, que a última temporada xogou no xuvenil do Racing Vilalbés.
Sen saír da Primeira, o Guntín contará nesta nova campaña con Tejeda e David, que militaban no Páramo. O Taboada asinou ao defensa David, Adrián, que procede do Relámpago e a Ríos, que retorna ao clube logo do seu paso polo Chantada Atlético. O San Lázaro renovou a Samuel Felpeto, un dos veteráns do conxunto lucense.
O Pol continúa a confeccionar un cadro de xogadores para aspirar ao ascenso. O extremo Juancar, ex do CD Lugo e da Sarriana estará ás ordes de Manuel Mourelos.