A actividade dos nosos clubes non para. Coas pretemporadas a piques de comezar ou xa iniciadas, os conxuntos lucenses ultiman os seus corpos técnicos e os seus cadros de futbolistas. É o caso, por exemplo, da referencia do fútbol feminino provincial, o PM Friol, que vén de incorporar a unha nova futbolista: Anabel Hurtado de Mendoza, dianteira de 18 anos procedente do Málaga CF. Ademáis, as da Reigosa xa teñen adestradora: será Covi Regueiro, que da o salto ao banquiño do primeiro equipo desde o filial.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2021/08/COVI-PMFRIOLA.jpg)
Tamén hai clubes que, logo de renovar a algún futbolista e asinar a algún outro, teñen a mente posta no inicio da campaña. É o caso do CD Santaballés, que xa anunciou os seus amigables de pretemporada. Serán oito os tests de preparación para os da Liga: CD Lugo Xuvenil «A» (17/08), SDC Residencia (21/08), Racing Villalbés Xuvenil «A» (24/08), CD As Pontes (27/08), SDC Cabreiros (02/09), Meira FC (08/09), SDC San Lázaro (04/09) e SD Outeiro de Rei (11/09).
Continuos movementos na Primeira
Na Primeira Galicia os cadros de xogadores aínda non están completos. Por exemplo, o Portomarín CF anunciou a fichaxe de Mario (ex, entre outros, da base da Milagrosa e o CD Lugo, e que chega desde a Primeira Autonómica da Coruña). A esta únese a de Sergio Cid, gardamallas de Antas de Ulla que se incorpora ao proxecto branquiazul. Un proxecto que, como xa adiantamos, seguirá comandado por Fernandito e cuxo segundo a bordo será un ano máis Pampín.
Máis ao sur, o Chantada Atlético renova ao seu lateral zurdo Pablo, que defenderá un ano máis a elástica atlética. E de volta ao norte, na capital, o San Lázaro renova a outro lateral zurdo: Manel «Mani» continuará no clube celeste, onde xa demostrou que se pode desenvolver en calquer posto da defensa.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
O 31 de agosto remata o prazo de inscripción na Segunda e na Terceira
Por último, cómpre falar da Segunda Galicia. Hoxe, a Futgal anunciaba que o prazo para inscribirse na Segunda e na Terceira (así como nas categorías provinciais de base) rematará o vindeiro 31 de agosto. A partires de aí coñeceremos con máis exactitude a data de inicio destas categorías. Por iso, conxuntos como o CD Palas ultiman as negociacións para chegar con garantías a esa data: os dos Chacotes renovan aos férreos defensores Iván e Alvarito.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2021/08/IVAN-PALAS.jpg)