#Preferente Futgal #Feminino #Fútbol afeccionado #Fútbol Base #Primeira Futgal #Segunda Futgal

Diario dun mercado. Episodio 234

Anido, San Lázaro

Achégase o inicio das competicións e os clubes comezan a posta a punto para a emocionante 21/22. Un dos conxuntos que tratará de facer un bo papel será o PM Friol, que procurará o ascenso desde a Primeira Nacional ao Reto Iberdrola. É por iso que a directiva está a traer caras novas á Reigosa: Ana Bonilla, central de 19 anos procedente da AD Mérida, e a centrocampista Oliva León (formada na canteira do Betis e procedente do fútbol burgalés) son as fichaxes máis recientes.

No fútbol masculino, o filial do CD Lugo anunciou esta tarde a marcha do ariete Cristian Martínez, que xogará en calidade de cedido no CF La Nucía, clube alicantino que milita na Segunda RFEF. O coruñés, que completou unha espectacular 20/21, xogará así unha categoría por riba da do seu clube (o Polvorín), a Terceira RFEF.

Na Preferente, a SD Sarriana tentará un ano máis o salto de categoría. A tal fin, os da Ribela renovan ao atacante Gerardo Carrera e incorporan a Iago Fernández (ex do CD Velle e con pasado no CD Ourense). Ademáis, Jose será o coordinador do fútbol base dos de Sarria.

Unha categoría máis abaixo, o Chantada Atlético renova a Anxo. Tamén continuará no seu clube Diego Anido, capitán «todocampista» da SD San Lázaro. Na Segunda Galicia, o CD Corgo renova a 14 xogadores (Sebas, Harry, Andrés Rochela, Nene, David Cabado, Borjita, Iago García, Moreno, Carlos Trigo, Pablo Rochela, Yeray, Rafa, César e William) e incorpora 4 novos futbolistas (Iago Vivero, Andrés Guijarro, Mithun e Rodrigo «Louri»).



Diario dun mercado. Episodio 234

A nova Preferente xa ten forma

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *