Os equipos lucenses da Terceira RFEF xa teñen a súa axenda para esta temporada. Este xoves sorteouse o calendario da competición na sede da Real Federación Galega de Fútbol en Compostela. Unha das principais novidades do curso que vén por diante é que a categoría está composta por dezasete equipos. O formato de xogo volve ao tradicional dun único grupo. Un conxunto descansará cada xornada.
A liga comeza a segunda fin de semana de setembro. Agás para o Polvorín. O filial albivermello será o primeiro equipo en descansar. Non haberá fútbol na provincia eses días porque o Racing Villalbés desprazarase na primeira xornada a Abegondo para xogar contra o Fabril. Pola súa banda, o Viveiro comezará no sur. Visitará ao Choco en Santa Mariña.
Fútbol en simultáneo na provincia:
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2021/02/6.jpg)
Será unha campaña na que tocará facer quendas para ver aos cadros lucenses. Os tres van coincidir en xornada como locais. Semana a semana veremos se tamén coinciden en horario. A segunda xornada será a da plena estrea en territorio lugués. O Polvorín debutará ante o Choco. Ademais o Racing estrearase na Magdalena ante o Sofán adestrador por Alberto Rodríguez. O preparador formou parte do corpo técnico racinguista en parte da etapa de Óscar Gilsanz como adestrador. Pola seu lado, o Viveiro xogará en Cantarrana ante o Ourense CF.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
Os derbis chegarán concentrados en tres semanas. Na primeira volta xóganse en decembro e na segunda en abril. O primeiro enfrontará ao Viveiro co Racing en Cantarrana na primeira finde de decembro. E tres días despois chegará o Racing – Polvorín. A competición aproveita a Ponte da Constitución para poder acabar a primeira volta antes do Nadal. É habitual que nesa Ponte se xoguen partidos de Terceira. A última xornada da primeira volta (19 de decembro) traerá o duelo entre o Viveiro e o Polvorín.
Os lucenses moi pendentes dos rivais dos compañeiros:
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2020/05/viveiro.jpg)
Os conxuntos da provincia estarán moi pendentes entre si dos seus respectivos partidos xa que se enfrontarán practicamente a rivais consecutivos. O Polvorín fixarase moito nos duelos do Viveiro. Xa que xoga seguidamente cos rivais do cadro viveirense da xornada anterior. A súa vez, o Viveiro vixiará os encontros do Racing. Xoga contra os equipos que dúas findes antes se mediron cos pupilos preparados por Simón Lamas.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
Nin Xira, nin Naseiro, nin fútbol de estrea en agosto:
A situación de pandemia deixa por segunda temporada a Vilalba e a Viveiro sen fútbol de competición oficial. Era tradicional que o Racing comezase a competición da 3ª o sábado da Xira, onde o fútbol era unha excusa máis da finde de troula polos arredores da Magdalena. Quen tamén podía aproveitar os festexos era o Viveiro. O seu regreso á Terceira podería cadrar coa finde do Naseiro, pero polo momento esa circunstancia tampouco se deu.
Os dezasete equipos que compiten este ano na Terceira RFEF xogarán trinta e dous partidos. O primeiro clasificado ascende directamente á Segunda RFEF. Do segundo ao quinto desputan un play off interno. O gañador xogará unha final polo ascenso ante outro equipo doutro grupo. Por abaixo, descenden seguro os tres últimos equipos. O cuarto pola cola descendería, se no play off non ascende o equipo galego.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)