Esta semana disputáronse as finais das copas da Primeira Autonómica alevín, benxamín e as da Primeira e Segunda Autonómica prebenxamín. Sumado ás finais da semana da pasada, das que saíron os campións infantís, cadetes e xuvenís, xa temos practicamente completo o cadro de campións de todas as copas (faltan as disputas das finais de Segunda Autonómica alevín e benxamín).
Hoxe, queremos facer unha breve mención a estes campións. Conseguir un título de fútbol base, tendo en conta a cantidade de rapaces e rapazas que están federados, é un logro ao alcance de moi poucos, de aí o mérito que teñen todos e cada un deles.

Comezando polos máis pequenos, os prebenxamíns. Na Segunda Autonómica, o Mondoñedo impúxose por 4-2 a un Piringalla que foi un rival moi digno ao longo de toda a competición. O CD Lugo levouse o título da Primeira Autonómica, ao impoñerse por 3-2 ao Porto Burela.
CD Lugo repetiría campionato tanto na Primeira benxamín, na que o conxunto albivermello impúxose por 6-2 á Residencia, como na Primeira alevín, na que o resultado foi máis apretado, e o conxunto da capital venceu por 2-1 a un Porto Burela que non conseguiu ningún título nas copas de Fútbol-8 pero está a refrendar o seu bo traballo na base.


Nas categorías de Fútbol-11, xa coñecemos aos vencedores desde a pasada semana. Nos infantís, o Ribadeo venceu a unha Sarriana que fixo unha moi boa copa. En cadetes, o título sería para a Residencia (3-1 ante o Ribadeo), equipo que se mantivo intratable nas distintas competicións ao longo de todo o ano.

E nos máis maiores, sería o Porto Burela quen levaría o trofeo cara A Marosa, tras imporse ao Polvorín por 2-1.
Cómpre felicitar a todos os rapaces, adestradores, corpo técnico, e pais polo seu esforzó e traballo diario!
