#Fútbol afeccionado

Diario dun mercado. Episodio 216

Vertixe. Esa é a palabra que mellor define o mercado no fútbol lucense. Fichaxes, baixas e renovacións a esgalla ao longo e ancho da provincia que vos traemos nesta nova edición do noso Diario dun Mercado.

O Viveiro protagoniza o mercado na Terceira. E faino con dúas fichaxes de categoría. A Cantarrana chega Marcos, logo de toda unha vida nas categorías inferiores do C.D. Lugo e de capitanear o seu filial as últimas temporadas. Tamén xogará no conxunto viveirense Luki. O de Friol da un chimpo logo de xogar os últimos anos nas filas do Ribadeo, co que xa debutou en categoría nacional.

A Preferente é a categoría onde temos o maior número de novidades. A Residencia renovou á maior parte do seu cadro de xogadores. Róber, Chiqui, Diego Bravos, Adri, Tebi, Iván Barrio, Javi Raposo, Adrián Rasilla, Dani Renda, Sergio, Yerai, Kevin, Lucas, Edrosa e Arturo seguirán unha temporada máis na cadro lucense. Máis ao sur, Manu Rodríguez retorna ao Chantada logo de xogar a última temporada nas filas do Lemos, que cubre a súa baixa coa chegada de Alami. O veterán central afronta unha nova etapa no conxunto monfortino logo do seu paso tamén pola Sarriana e o Escairón. Precisamente o conxunto do Saviñao tería a súa portería cuberta con Macía, Luis Rilo e Juancho.



Tamén o Ribadeo segue a perfilar a súa plantilla con Dani Moirón á fronte. O capitán Cube e Criss continuarán unha temporada máis, e Diego Núñez reforzará o centro do campo do conxunto mariñán. Será a segunda etapa do lucense no Pepe Barrera, logo de acadar un ascenso a Preferente na primeira ás ordes de Manolo Vilachá. No C.D. Foz seguirá Canario, capitán dos do Martínez Otero, e tamén Cristian, Rivera e Dani Chao.



Anxo Valcárcel retorna ao fútbol lucense e farao como adestrador do Chantada Atlético. O Burela anunciou a renovación de Xoel González «Macly«, que afrontará a segunda temporada no conxunto verde, malia que na primeira non puido debutar. Ademáis, os burelaos refórzanse con Juan Pablo Monzón «Chile«. O extremo ten experiencia no Ribadeo, Valadouro e Xove Lago, conxunto do que procede.

Santi Carballedo, un dos goleadores do Friol B nas últimas temporadas xogará a vindeira temporada nas filas do Matela.

Diario dun mercado. Episodio 216

Diario dun mercado. Episodio 215

Diario dun mercado. Episodio 216

Diario dun mercado. Episodio 217

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *