#Feminino

As nosas guerreiras da fin de semana

Fin de semana de boas e malas novas para as nosas futbolistas. Entre as cousas positivas, que todos os equipos (agás a SDC Milagrosa, que descansou) competiron. Entre as negativas, as derrotas -entre outros- de PM Friol e ADC Monte Forte.

Comezamos o repaso polo Reto Iberdrola. O PM Friol recibía na Reigosa ao filial do Espanyol nun duelo directo pola permanencia que se saldou con victoria do conxunto perico (0-1). Ao condicionadas que chegaban as de Friol ao choque sumouse a lesión de LP nos primeiros minutos, algo que obrigou ao PM Friol a modificar o seu plan de partido. Aínda así, as lucenses conseguiron dominar o xogo, pero non traduciron o dominio en ocasións nin en goles. As visitantes, pola súa banda, crearon perigo en dous contragolpes, pero non foi ata o desconto cando conseguiron o único gol do choque á saída dun córner. O PM Friol sufriu así unha nova e dolorosa derrota, e ve como -pouco a pouco- se van esfumando as opcións de permanencia, o que tamén se traduce na ansiedade coa que xogan as futbolistas. Hoxe disputarán en Zaragoza un dos partidos aprazados, vital para manterse con opcións.

A outra cara da moeda foi para o filial do PM Friol, que superou por 1-3 ao Betanzos nun duelo no que xa gañaban por 0-3 ao descanso. Este partido estivo marcado pola calor, que fixo que o ritmo do partido fose moi lento. As da Reigosa siguen traballando para recuperar o seu nivel do ano pasado. Pola súa banda, o CD Lugo caeu por 2-4 ante o Orzán. O conxunto albivermello comezou mellor, pero as coruñesas conseguiron gañar terreo e anotaron o 0-1, que foi un mazazo para as de casa. Cada vez que o Orzán ampliaba as diferenzas, o CD Lugo anotaba un tanto (0-2, 1-2, 1-3, 2-3…), ata o definitivo 2-4.



A SD Antas, tamén na Primeira Galicia, fixo un auténtico partidazo ante un dos cocos da categoría, a SD Villestro (3-3). As do Castro Seoane fixeron á perfección todo o que se lles pediu ao longo da semana, conseguiron empatar cada vez que as visitantes se poñían por diante, e incluso tiveron ocasións para gañar o partido. Foron 90 minutos maxistrais de todas as xogadoras.

Xa na Segunda Galicia, a SG Comercial volveu competir despois de 13 meses, e conseguiu un meritorio empate a 3 goles contra o Lalín. As de Vivian Dors sufriron nas súas carnes os problemas da burocracia, pois horas antes do comezo bloqueáronse fichas dalgunhas xogadoras estranxeiras, polo que xogaron todo o partido con dez xogadoras. Ademáis, no minuto 80′ perdían por 1-3, e dous goles de Jenny puxeron as táboas no electrónico.

O ADC Monte Forte, despois do accidentado debut ante a Milagrosa, sufriu un amargo debut lonxe do seu feudo, pois caeu por 16-0 ante a EFF Rosalía. As lucenses sufriron a baixa de última hora da súa porteira, polo que Gigi tivo que poñerse de gardamallas. A mala fortuna quixo que ésta tamén se lesionase, polo que Pamela tivo que ser a porteira durante a segunda metade. Pola outra banda, a SCD Milagrosa descansou.



DESTACADAS

PM Friol:  non comunica.

PM Friol «B»: non comunica.

CD Lugo: non comunica.

SD Antas: pese a non anotar, destacou Nuria Louzao. Foi remarcable o partido de todas as futbolistas.

SG Comercial: os goles de Jenny foron determinantes, así como o empuxe de todo o equipo.

ACD Monte Forte: Cheni e Henar.

O MELLOR:

Laura Correas voltou aos terreos de xogo co ACD Monte Forte, xogando de inicio e participando moito.

O PEOR:

A derrota do PM Friol alonxa ao equipo da permanencia.

As nosas guerreiras da fin de semana

Dous golpes na mesa en casa allea

As nosas guerreiras da fin de semana

O partido en imaxes: Santaballés – Residencia

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *