#Fútbol afeccionado #Sin categoría #Terceira RFEF

«Gústame ver mundo e vivir novas experiencias» Quico, un vilalbés en Formentera

Ás veces, o fútbol modesto tamén che permite saír e probar experiencias novas, aínda que sen as grandes cantidades de cartos que se moven por outros lares. A pesar da súa xuventude, Francisco González Rochela «Quico» (Vilalba, 1992) é un dos futbolistas que probou sorte no fútbol popular doutras comunidades. Criado nas categorías inferiores do Racing Vilalbés, pasou tamén polas das Pontes e Racing de Ferrol. Como sénior formou parte do Somozas, Vilalbés, Mar Menor, Murcia Imperial, Badajoz e agora na SD Formentera. Central alto e de gran corpulencia xa tivo a oportunidade de xogar fases de ascenso á Segunda B, pero esta temporada está sendo moi especial. Puido xogar co seu equipo a Copa do Rei e chegou ata os dezaseisavos de final para enfrontarse o vixente campión da Europa League, o Sevilla. E para completalo curso, o seu club acaba de proclamarse campión da Terceira Balear. Quico tivo un protagonismo importante xogando moitos minutos e mesmo anotou dous goles. Este domingo ás doce do mediodiía inicia o camiño polo ascenso á Segunda B fronte o Alavés B, se o seu club pasa esta eliminatoria Quico cumprirá así o seu desexo de conseguir, por fin, un ascenso á categoría de bronce do fútbol español.

Futbolinlugo: Como foi a temporada? Era un obxectivo que o equipo fose campión?

Q: Foi unha temporada espectacular en todos os sentidos. Desde o comezo do curso os xogadores viñamos con gañas de cumprir o obxectivo que era xogar play-off, pero gañamos a liga. Estou moi contento porque o obxectivo estaba cumprido e agora no play-off temos dúas opcións. E tamén tivemos a sorte de xogar con todo un Sevilla na Copa do Rei que foi un soño ao que só lle faltaría o broche final agora do ascenso.

F: A nivel individual como te atopaches na teu primeiro ano pola illa?



Q: Estou moi contento de que o míster contase comigo. Desde o primeiro día tratáronme xenial. É coma se fosemos unha familia porque ao estar nunha illa para pasar o tempo xuntámonos os do equipo.

Quico xogou como titular os dous encontros de Copa do Rei que o seu equipo xogou fronte ao Sevilla

F: Ca túa xa longa experiencia xogando ao fútbol modesto fóra de Galicia, como se leva iso de estar lonxe da casa?

Q: A min persoalmente gústame ver mundo e vivir novas experiencias. A parte a miña moza axúdame. Levo desde moi pequeno fóra da casa polo fútbol e estou encantado. Aínda así, boto moito de menos á familia, pero eles tamén me dan forza para seguir adiante.



F: E notas moitas diferenzas entre o fútbol de aquí ao de aí?

Q: Si si, en cada provincia por así dicilo xogase diferente pero en poucas cousas máis se nota. Ao mellor a nivel de clubs, eu creo que polo sur viven máis o fútbol desde categorías moi baixas e, aparte que hai moitos equipos nunha mesma zona. Por exemplo, o ano pasado deixoume impresionado a nivel afección en Badajoz. Alí vívese moito o fútbol e vin 9.000 persoas nun play-off

F: E cal sería agora o teu desexo?

Q: O meu primeiro obxectivo é o ascenso. Levo catro anos seguidos intentándoo e aínda non tiven esa sorte.

F: Seguirás no Formentera o ano que vén?



Q: Despois non sei, por agora estou centrado en ascender.

 

«Gústame ver mundo e vivir novas experiencias» Quico, un vilalbés en Formentera

Primeiro Totti, despois Emilio

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *