#Fútbol afeccionado #Opinión #Palabra de #Segunda Futgal #Terceira Futgal

Palabra de… Chura: «A trascendencia do fútbol da aldea»

Foto de portada: Mariluz Fagín

En primeiro lugar quero darlle as grazas a Futbolinlugo por este espazo e pola súa defensa do fútbol provincial. Especialmente do fútbol da aldea. Por suposto, tamén me gustaría mandar un recordo para as persoas que nos deixaron por mor desta pandemia. Ademais dun recoñecemento ás forzas de seguridade sanitaria, aos empregados dos supermercados, aos camioneiros, etc. e a todos os que co seu esforzo mantiveron ao país en pé.

Na Galicia rural, moito dos seus mozos traballan ou estudan nas cidades veciñas. O fútbol serve de lazo de unión para que entre os xogadores da vila ou do concello exista un vínculo, un motivo e unha ilusión para volver ao seu pobo. Como mínimo, o venres para adestrar e a fin de semana para xogar. Se non fose polo fútbol moitas fins de semana sairían outros plans. O amor por este deporte e polo equipo da túa terra coloca a estes plans nun segundo plano.

A afección dos Medos, fiel representante do que significa animar aos seus. Foto: Mariluz Fagín

A afección dos Medos é unha das máis fieis. Para nós é a que máis se identifica con ese xogador que moitos viron nacer, comezar a camiñar e medrar. Esa relación existente permite que se consiga un vínculo entre a afección e o equipo.



Moitas veces cansamos de escoitar medidas e ideas para que a mocidade valore e siga crendo no rural. O deporte como medio de unión é unha boa fonte para iso. Isto lévanos a unha idea. Non a un proxecto, xa que a palabra proxecto é difícil de levar a cabo para os equipos humildes. A idea baséase en intentar darlle saída futbolística a aqueles mozos do concello. Unha vez que rematan a súa etapa de fútbol base en clubs do prestixio do CP Calasancio ou do CF Monforte a idea é que teñan unha saída na súa vila. E que unha vez que comezan os seus estudos ou os seus traballos teñan unha ilusión e outro motivo máis ca ver aos seus seres queridos cada fin de semana.

Construír un equipo cun corazón e cunha sensación de perfume da terra con identidade levará ao club a ter unha visión máis clara e un horizonte con menos nubes.

Juan C. Gallardo «Chura». Suma e segue no banco do Brollón; vai pola 8ª tempada



Palabra de… Chura: «A trascendencia do fútbol da aldea»

Covi Regueiro (PM Friol): «Non cremos nas

Palabra de… Chura: «A trascendencia do fútbol da aldea»

Diario dun mercado. Episodio 156

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *