As que sí sacaron os tres puntos foron as rapazas do filial, que superaron por 1-2 ao Tomiño cun gol no último minuto de Nerea. A SD Antas caeu por 2-5 frente ao Betanzos, nun choque no que as locais perdoaron varias ocasións ao principio e despois se decidiu por dous errores na salida de balón.
Na Segunda Galicia, o máis curioso da semana foi que o derbi entre CD Lugo e Carballedo CF tivo que ser suspendido aos 60 minutos por mor dun apagón no López Gorgoso. Nese instante, o marcador seguía como ao principio do encontro, 0-0. A SG Comercial superou ao Brexo Lema 1-4, mostrándose superiores durante os noventa minutos e a SD Chantada perdeu pola mínima co Xuventude de Crendes (0-1).
No que atinxe ao fútbol-7, a SD Burela superou 3-0 ao Sada, e a SCD Milagrosa descansou.

