#Fútbol afeccionado #Terceira Futgal

Tres duelos directos no sur acaban con cambios de posicións na clasificación

O Tres en Raia da 8ª xornada da Terceira Rexional. O duelo directo no grupo sur trouxo un troco de líder. O Sporting Lucense encabeza agora a clasificación. No norte, o Catro Roldas está no mellor momento da tempada.

O Fonsagrada continúa imparable en canto a resultados. Mantense líder e invicto unha xornada máis no grupo norte. Derrotou ao Matela na súa casa. Non obstante, a SD Viveiro segue ao tanto. Superou a domicilio ao Lugo Unión. Segunda vitoria seguida. A distancia co terceiro clasificado é de cinco puntos. Nesa posición sitúase o Catro Roldas. O equipo máis en forma do grupo se temos en conta as últimas tres xornadas. Tres triunfos consecutivos. O último na Canteira e sufrindo ante a Comercial. O cadro amarelo dominou nos primeiros minutos, pero os visitantes aproveitaron ben as súas ocasións. Primeiro nunha xogada ben combinada; despois cun golazo de Javi Saavedra (xa dera o pase do gol) dende lonxe. Os locais repuxéronse. Chuchi marcou despois dun rexeite colocando o balón practicamente na escadra rival. Samuel Orosa igualaba ao pouco. Non obstante, un penalti a favor volveu poñer por diante á Comercial. Aí foi cando se volveu lucir Orosa. O xogador vilalbés aproveitou os espazos e estivo certeiro por dúas veces ante o porteiro rival. Cando os locais marcaron o cuarto estaban cun menos pola expulsión de García.

A zona de promoción complétana o Friol B (que descansou esta xornada), o Cazás e o Matela. O conxunto xermadino suma cinco partidos sen perder. A pesar de que neste último tivo que botar man do campo da Fonte en Cospeito para non sobrecargar un enchoupado Catro Ventos. O Cazás derrotou a SD Nuevo Nausti. Ademais da clara vitoria; as boas novas chegaron coa estrea esta tempada de Cao e Marcos Gómez. Regresaron despois das súas lesións. Pola súa banda, o Celeiro empatou ante o Rioaveso nun encontro moi pelexado. O gardamallas Josiño foi un dos destacados con tres grandes paradas. O campo de Trasvias en Galdo termou a pesar do tempo de inverno.



No grupo sur os seis primeiros enfrentáronse entre si. Cada ovella coa súa parella. O primeiro xogou co segundo; o terceiro co cuarto e o quinto co sexto. Nos tres casos, mudaron as posicións. O Sporting Lucense é o novo líder. O cadro preparado por Lolo non desaproveitou a oportunidade que tiña para colocarse no primeiro posto. Superou a Milagrosa, rival directo, á quen desprazou á segunda posición. Na terceira praza sitúase un Sober que mira cara arriba. Suma catro partidos sen perder. Os últimos tres puntos foron ante o rival que os antecedía na clasificación. O Antas non puido sacar nada positivo de Centeás. No duelo de filiais, o Lemos B superou ao Taboada B. Partido no que houbo sete goles en total. Non foi o mellor encontro do cadro taboadense.

O Monterroso B queda ás portas da promoción de ascenso. Igualou sen goles ante o Rubián. Os pupilos adestrados por Senén continúan sen gañar no que vai de campaña. En canto a resultados o único positivo polo momento foron tres empates en sete xornadas. Quen logrou o segundo triunfo da tempada foi o Castroverde. Venceu pola mínima na Veiga do Olmo ao Relámpago Taboada. E iso que os visitantes foron por diante un bo tramo do partido. Os locais remontaron en apenas dous minutos.



O Mondoñedo logra a 1ª vitoria e

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *