Fin de semana de emocións intensas. Rivais históricos, derbis case esquecidos, e encontros co liderato en xogo en case tódalas categorías. Ademáis, o Partido da Xornada. Botádelle un ollo á nosa Axenda.
Terceira División
– Polvorín – Deportivo Fabril (Domingo ás 13 horas na Cheda): Os de José Durán mídese a un dos grandes favoritos ao ascenso nun duelo de filiais. Encontro difícil, pero no que sumar antóllase vital para non ver de lonxe a permanencia.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
– Racing Vilalbés – C.D. Arenteiro (Domingo ás 16:15 horas na Madalena): o rei do empate chega á capital da Terra Chá. O conxunto do Carballiño suma seis igualadas no que vai de campionato, e cun punto máis que os de Simón Lamas será un equipo difícil de superar. A boa imaxe amosada no Couto, o espello no que mirarse o Racing.
Preferente Norte
– Club Lemos – Boimorto C.F. (Domingo ás 16:30 horas na Pinguela): logo de dúas vitorias consecutivas, os monfortinos buscarán tres puntos máis que os acheguen á zona media da clasificación. Enfronte, os de Susú Cores que logo da última derrota non quere desengancharse dos postos cabeceiros.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
– C.D. Foz – Galicia Mugardos (Domingo ás 16:30 horas no Martínez Otero): as dúas últimas derrotas situaron aos de Gayol nunha zona complicada. Precisan trocar de dinámica. Reciben a un dos equipos revelación da categoría.
– S.D. Residencia – S.D. Fisterra (Domingo ás 16:45 horas na Cheda): os de Álvaro Meilán reciben a un Fisterra que, ao igual que o Mugardos, son as grandes sorpresas da Preferente. Os lucenses tentarán sumar logo de quedarse ás portas en Cantarrana.
Primeira Autonómica
– S.D. Outeiro de Rei – S.D. Chantada (Domingo ás 16:30 horas no Municipal de Outeiro): o conxunto local tentará manter a súa condición de invicto para ter opcións de rematar a xornada no liderato. Enfronte, un Chantada que precisa os tres puntos para non descolgarse do pelotón cabeceiro.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)
– Friol C.F. – Chantada Atlético (Domingo ás 12 horas na Reigosa): dous conxuntos en apuros. Con tan só un triunfo no haber de ámbolos equipos, os tres puntos antóllanse vitais para non verse relegado na pelexa pola salvación.
Segunda Autonómica
– A.C.D. Xermade – S.D. Gutiriz (Domingo ás 16:30 horas no Muncipal de Xermade): dous dos galos do grupo norte de Segunda. O cadro local, logo da derrota en Alfoz, precisa dun triunfo no seu campo para voltar aos postos de cabeza. Reciben a un Gutiriz, segundo clasificado, que só cedeu un punto como visitante no campo do Abadín.
– S.D. O Páramo – S.D. Paradela (Sábado ás 16:30 horas nas Rapadas): o ‘Derbi do Loio’. Os de Brais Vázquez buscarán tres puntos para manter o liderato. Reciben a un Paradela, que malia ser un recén ascendido, é o único conxunto invicto do grupo sur de Segunda.
Que xa estamos a xoves @futbolinlugo! Todavía non anunciastedes #ODerbiDaXornada ? Ou.. o derbi do Loio? ???????? https://t.co/kJLRThOaLb
— S. D. O Páramo (@SDOParamo) October 24, 2019
Terceira Autonómica
– Friol C.F. B – Fonsagrada Balompé (Sábado ás 16:30 horas na Reigosa): primeiro e segundo fronte a fronte. O conxunto local, logo de caer derrotado diante da Comercial, tentará voltar á senda do triunfo ante o invicto Fonsagrada, que chega tras derrotar a outro dos favoritos, a SD Viveiro.
– Sporting Lucense – S.D. Antas (Sábado ás 18 horas no Rodríguez Lago 1): despois de perder en Centeás, os de Lolo buscarán darlle continuidade á súa boa xeira como local. O conxunto de Melendo sufriu un serio correctivo diante do Castroverde, aínda que segue líder.
Primeira División Galega Feminina
– Peluquería Mixta Friol B – Sárdoma C.F. B (Domingo ás 18 horas na Reigosa): complexo encontro para as rapazas de Covi. Reciben as colíderes, invictas e con seis triunfos acadados de xeito consecutivo. As lucenses suman catro dos últimos seis puntos en xogo.
– S.D. Antas – S.D. Villestro (Domingo ás 17 horas no Castro Seoane): ámbolos conxuntos están empatados a puntos na zona media da clasificación. As da Ulloa levan dúas derrotas consecutivas, mentres que as compostelás contan por triunfos os seus últimos encontros.
Segunda División Galega Feminina
– C.D. Lugo – Sporting Cambre (Domingo ás 17 horas no Luis Gorgoso): partidazo entre colíderes. Ámbolos conxuntos contan por vitorias os seus cinco encontros, aínda que as lucenses contan con maior diferencia de goles. Un triunfo, a maiores dos tres puntos, sería importante a nivel anímico.
– Carballedo C.F. – Victoria C.F. C (Domingo ás 16 horas no Catro Ventos): encontro importante para as rapazas do Carballedo. Un triunfo situaríaas na zona media da táboa e superarían ao seu rival desta xornada.
– S.G. Comercial – Xuventude de Crendes (Domingo ás 12 horas no Rodríguez Lago 2): as lucenses mantéñense invictas, e un triunfo situaríaas líderes virtuais da categoría á espera do encontro do C.D. Lugo.