Xa coñecemos desde o pasado xoves 6 de abril o listado de xogadores que foron convocados coa selección lucense sub-12 para disputar o campeonato galego que terá lugar o próximo martes día 11 de abril en Vilalba.
Os rapaces convocados deberán presentarse o martes no aparcadoiro do estadio Anxo Carro ás 9:30 horas da mañá. Dunha preselección que contaba con 21 xogadores, foron escollidos os 15 que serán os encargados de defender a nosa provincia neste campeonato de seguro apaixoante.
Velaquí os convocados: O CD Lugo é o clube que conta cun maior número de representantes, con 4 e Residencia, Santiago de Foz, Xove e Burela contan con dous xogadores cada equipo nesta lista. Sagrado Corazón, Vilalbés e Viveiro tamén contan con representación nesta selección, cun membro cada equipo.
Agardamos que os nosos rapaces teñan moita sorte e disfruten ao máximo desta gran experiencia!!

