#Feminino #Fútbol afeccionado

As nosas guerreiras da fin de semana!

A pasada fin de semana foi, en certo modo, especial para o noso fútbol feminino. Entre outras cousas, porque o equipo referente da provincia, o PM Friol-CD Lugo protagonizou un increíble choque ante o Racing de Santander (2-2) e, por se isto fose pouco, celebrouse no Anxo Carro.O partido comezou cun gran gol de Marta López, pero o Racing conseguiu o empate antes do final dunha primeira parte marcada pola intensidade e o bo xogo local e, pouco despois de comezar o segundo tempo, as cántabras puxéronse por diante. A partires de aí, as luguesas buscaron o gol con insistencia, ata que o atoparon no minuto 90 por medio de Fanny Varela. Co 2-2, o PM Friol asegurou o «gol-average» favorable ante un rival directo polo ascenso.

Cambiando de categoría á Primeira Galicia, a SD Antas caeu 5-0 ante un rival moi superior, o Viajes Interrías, pese a facer un bo partido, sendo serias en defensa e chegando a contar con ocasións para asinar algún gol. Porén, resultado xusto. A SCD Milagrosa tamén caeu, 0-3, frente á SD Tordoia. O partido decidiuse en vinte minutos, xa que as visitantes asinaron os tres tantos entre os minutos 35 e 55.

Xa na Segunda Galicia, as boas novas chegan por parte do Carballedo CF, que superou 0-1 á Torre SD nun choque no que destacou Laura Delgado e no que nunca peligrou a meta lucense, e por parte do PM Friol-CD Lugo «B», quen destrozou, 7-0, ao Orzán «B». A SD Chantada e a SG Comercial empataron os seus duelos (1-1 ante o Sporting Burgo e 4-4 no campo da Unión Campestre, respectivamente).

No que atinxe ao Fútbol-8, a SD Burela superou 2-0 ao Sporting Burgo «B», nun partido no que non favoreceron as condicións climatolóxicas e no que destacou Carlota Baltar, e a SCD Milagrosa venceu 0-1 no campo do Betanzos «B».



Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *