Os días cinco e seis de xaneiro están marcados en todos os calendarios: a cabalgata dos Reis Magos, a tensión na noite previa á apertura dos agasallos, a ledicia e ilusión dos máis pequenos de cada casa… Porén, nestas datas cómpre tamén acordarse daqueles que teñen dificultades no seu día a día.
Iso precisamente foi o que realizaron catro clubes da provincia (Río Sil, CD Sober, CD Alfoz e Lourenzá). Estes disputaron dous encontros, un en cada lado da provincia, cun fin benéfico, de cara a axudar a unha familia que perdeu o seu fogar nun incendio no caso do Río Sil-Sober, e para recaudar cartos para axudar a unha nena que sofre o Síndrome de Fires.
Ambos choques disputáronse o día 5 de xaneiro ás 16:00. Un deles, o celebrado en Alfoz, no que se conseguiu recadar 1000 euros entre os siareiros mediante a venta de rifas, e 200 que donou o conxunto invitado, o Lourenzá. Todos eles destinados exclusivamente á mellora da vida de Alexia, unha rapaza mariñá afectada por esta estrana enfermidade. O partido rematou con victoria para os locais, 4-3.
No caso do partido que se disputou do Luis Bodegas e que mediu a Río Sil e Sober, no que venceron os visitantes 2-3, recadáronse 3789 euros, todos eles para axudar a unha familia que hai pouco tempo veu a súa vivenda consumida polo lume nun tráxico incendio.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
Agardamos que este tipo de iniciativas continúen a ter lugar na nosa provincia, e incluso, se pode ser, máis acotío! Desde aquí a nosa noraboa e o noso agradecemento aos equipos que participaron nestas causas benéficas.