2017/2018, a temporada do fútbol base lucense

Este non é un artigo convencional, é un artigo de noraboa. Noraboa dirixida a todas as persoas que integran o fútbol base lucense, e que conseguiron facer histórico este ano, por medio do traballo e do esforzo pero, sobre todo, do amor ao fútbol. Así, Futbolinlugo fai hoxe un pequeno balance do que foi a […]

Calendarios das copas de base

[themoneytizer id=»15360-28″] Xa comezaron na nosa provincia as distintas copas de fútbol base, competicións nas que moitos dos partidos son a norte súbita, sendo eliminado o equipo perdedor. Quizais sexa por iso que os choques de copa teñen algo diferente, ademáis da emoción propia das categorías inferiores na nosa provincia. Velaquí, os calendarios da man […]

Os máis pequenos tamén apuran a temporada

Chega a fin do mes de abril, chegan os momentos decisivos das distintas ligas de fútbol «amateur», os nervios e as alegrías, pero tamén se está achegando a fin da campaña 2017/2018 no fútbol base.

Calendarios das competicións de Fútbol-8 (I)

Xa están dispoñibles os calendarios das diferentes categorías de Fútbol-8 para esta temporada 2017/2018, que na nosa provincia atinxe aos prebenxamíns, benxamíns e alevíns! 

III Marosa Cup en Burela

Hai uns días presentouse a terceira edición da Marosa Cup, torneo que ano tras ano gaña peso e importancia entre os torneos de base galegos.

VII Torneo de Alevíns e Benxamíns da SD Becerreá

A pasada fin de semana tivo lugar en Becerreá un dos torneos clásicos da pretemporada. Como antesala ás ligas provinciais de Fútbol-8, celebrouse o VII Torneo de Alevíns e Benxamíns, organizado pola SD Becerreá. O Concello de Becerreá foi un dos patrocinadores, mellorando así os servizos ofrecidos no Municipal.

Galería das finais das copas de Fútbol-8

Becerreá está a converterse nun dos centros dos acontecementos más importantes do fútbol base lucense. A disputa da Fase Intermedia do Campionato Galego benxamín e as finais das copas provinciais lucenses poñen sobre o mapa a un Campo Municipal que cada vez vive máis fin de semanas cun gran ambiente de fútbol, posiblemente pola súa […]

Os nosos pequenos grandes campións!

Esta semana disputáronse as finais das copas da Primeira Autonómica alevín, benxamín e as da Primeira e Segunda Autonómica prebenxamín. Sumado ás finais da semana da pasada, das que saíron os campións infantís, cadetes e xuvenís, xa temos practicamente completo o cadro de campións de todas as copas (faltan as disputas das finais de Segunda […]

Fase Intermedia Campionato Galego Benxamín

Así lucía onte o Municipal de Becerreá, que albergou a Fase Intermedia do Camponato Galego Benxamín, e na que contamos con representación lucense por parte do CD Lugo e a SDC Residencia.

Calendarios das copas alevíns, benxamíns e prebenxamíns

  Xa coñecemos os cruces que van ter lugar nas distintas copas de Fútbol-8 da provincia de Lugo, velaquí os diversos enfrontamentos e datas. Faltan por saber quenes serán os protagonistas de cada choque, o que se determinara en función dos postos nos que remate cada equipo as fases previas!

Calendario da segunda fase da 2ª autonómica en benxamíns

Os equipos benxamíns da Segunda Autonómica son máis madrugadores ca os da Primeira e comezarán xa esta fin de semana a segunda fase do campionato. A competición desenvolverase en catorce xornadas e rematará o 28 de maio. Tempo dabondo para aprender e seguir desfrutando do fútbol lucense cos nenos.

Calendario da segunda fase da 1ª autonómica en benxamíns

A categoría benxamín lucense xa coñece o calendario dos encontros da segunda fase na Primeira Autonómica. Seis equipos xogarán a promoción, dos cales os dous primeiros clasificaranse para a fase final galega. Outros seis conxuntos da provincia xogarán a previa 1. Os partidos comezan a última fin de semana de febrero e rematarán o sete de […]