O Xove Lago, na procura da reacción diante dun enrachado Monterroso

O 2026 xa comeza cunha boa ración do noso fútbol. Ademáis da xornada de Copa Deputación, a Primeira Futgal ponse ao día logo do adiamento, na última fin de semana de setembro do encontro entre o Xove Lago e o Monterroso. Ámbolos conxuntos veranse as caras o domingo ás 12 da mañá no Municipal de […]

Goiriz e Riotorto prometen un furacán de goles no Ventiño

Segundo contra primeiro. Os dous conxuntos máis goleadores do grupo norte da Segunda Futgal. Un auténtico partidazo o que Goiriz e Riotorto disputan o sábado ás 15:30 horas no Ventiño, coa arbitraxe de Virginio Polo. O Goiriz afronta o encontro desde a segunda posición da táboa clasificatoria con vintesete puntos. Os chairegos mantéñense invictos na […]

A supremacía da Primeira Futgal, en xogo no Sangoñedo

Poucos partidos máis atractivos no fútbol galego que o que se disputa este domingo ás 16:15 horas no Sangoñedo. A SD Chantada recibe á Residencia, nun choque no que está en xogo o liderado e a supremacía dun grupo lucense da Primeira Futgal no que ningún dos dous conxuntos ofrecen concesións. O Chantada é o […]

O Castro ameaza a imbatibilidade da Residencia

A undécima xornada na Primeira Futgal achéganos un dos auténticos partidos da xornada entre dous conxuntos cunha historia recente moi parella. Castro e Residencia mediranse no Arturo Pereiro o domingo ás 16:30 horas coa arbitraxe do colexiado focense Ángel Ron. Chairegos e lucenses descenderon xuntos desde a Preferente na temporada 2023/2024, ámbolos dous por mor […]

Juan Rodríguez, adestrador do Racing Villalbés

O partido trabalinguas: Zecho recibe en Vilalba a Secho e a Vecho

No argot futbolístico o adestrador do Racing Vilalbés quere seguir sendo Juan Rodríguez. Con todo, dense a súa adolescencia en Chantada é coñecido como ‘Zecho‘. Un alcume que nas últimas temporadas tamén se asentou en Vilalba, tras adestrar ao Santaballés e integrarse na estruturado Racing en diferentes cargos. A casualidade é que este alias ten […]

A Sarriana recibe ao histórico Numancia

Existen días marcados en vermello no calendario e o deste domingo é un deles. A Ribela vestirase de gala para un dos días máis agardados dunha temporada xa de por si histórica para a Sarriana. O domingo ás 17 da tarde o conxunto lucese recibirá no seu feudo ao Numancia de Soria, o gran favorito […]

Pol e Burela enfróntanse no único derbi provincial na Preferente

Chega o derbi provincial da Preferente, este ano o único que poderemos ver na categoría. O Pol recibe ao Burela no Municipal o domingo ás 12 horas nun encontro, malia a estar na cuarta xornada, de certa urxencia para os locais. Arbitrará o colexiado ourensán Rubén Castro Fernández. A temporada non comezou do xeito que […]

Un ilusionado Burela volve á Preferente recibindo ao Sigüeiro

18 de maio de 2008. A SD Burela xogaba na Marosa un intrascendente encontro diante do Boiro que remataba con empate a tres goles. Mitos do fútbol mariñán como Criss ou Diego Hermida comezaban o que sería unha longa carreira futbolística ao tempo que o conxunto burelao deixaba unha categoría á que tardaría en voltar […]

O Partido Fisioterapia Ronda . . . Viveiro – Racing Vilalbés: o derbi pon en xogo tres puntos vitais

Tardou en chegar, pero por fin está aquí o primeiro derbi provincial da Terceira. O Viveiro recibe no seu fortín de Cantarrana, o sábado ás 16:15 horas ao Racing Vilalbés. O encontro será dirixido polo colexiado coruñés Oreiro Hermida. O Viveiro é decimoterceiro na clasificación, en zona perigosa, con trece puntos. Doce deles acadados no […]

A Axenda: o Polvorín volve ao Anxo Carro para recibir o Compostela

TERCEIRA DIVISIÓN  – Polvorín – S.D. Compostela (Domingo ás 11 horas no Anxo Carro): esceario grande para recibir a un histórico do fútbol galego. O filial albivermello, con seis puntos sobre a zona de descenso directo logo do triunfo no derbi, recibe a un Compostela intratable. É líder e suma dezasete xornadas sen coñecela derrota. […]

A Axenda: encontros con sabor a final a comezos de febreiro

Ademáis do derbi provincial entre o Lemos e o Viveiro, traemos esta escolma dos encontros máis salientables da fin de semana na xeografía lucense: TERCEIRA DIVISIÓN  – Polvorín – C.D. Choco (Domingo ás 16:30 horas na Cheda): o filial albivermello, logo de golear a domicilio ao Pontellas, recibe a un aspirante a meterse na promoción […]

A Axenda: os ‘galos’ de Segunda Autonómica vense as caras nos dous grupos

Ademáis do Partido da Xornada, este fin de semana temos na xeografía lucense encontros máis que interesantes, que resumimos na nosa Axenda: TERCEIRA DIVISIÓN  – Racing Vilalbés – S.D. Silva (Domingo ás 16:30 horas na Madalena): logo da última derrota no Poboado, os de Simón Lamas tentarán voltar á senda da vitoria no seu feudo […]

A Axenda: todo o fútbol lucense en marcha despois do parón

TERCEIRA DIVISIÓN  – Polvorín – U.D. Paiosaco (Sábado ás 16 horas na Cheda): Logo de dúas derrotas consecutivas, o filial albivermello buscará un triunfo que o afaste do perigo ante un vello rival da Preferente. O Paiosaco chega a este encontro como pechacancelas e non é quen de gañar desde o mes de outubro. PREFERENTE […]

A Axenda: O noso fútbol bota a andar no 2020

Comeza o ano e como apertivo ao día de Reis, varias categorías do noso fútbol xa se poñen a andar. Aquí unha pequena escolma dos encontros máis destacados: TERCEIRA DIVISIÓN  – Racing Vilalbés – U.D. Ourense (Domingo ás 16 horas na Madalena): o conxunto chairego, aínda co derbi ante o Polvorín por disputar, suma dous […]

A Axenda: A Pinguela acolle un derbi clave pola permanencia

O forte temporal fixo que quedara suspendida a xornada do sábado, pero o domingo teremos interesantes encontros nesta última xornada antes do Nadal. PREFERENTE NORTE  – Club Lemos – C.D. Foz (Domingo ás 16 horas na Pinguela): encontro clave na loita pola permanencia. O conxunto local suma catro xornadas sen gañar e precisa do triunfo […]

A Axenda: a Copa volve e a Primeira non para

Malia que nesta ponte festiva, o noso fútbol colle un descanso, a pelota non deixa de rodar por completo. A Primeira Autonómica e o fútbol feminino disputan unha nova xornada, á que se suma a Copa Deputación. PRIMEIRA AUTONÓMICA  – Riotorto C.F. – Atlético Escairón (Domingo ás 12 horas na Veiga): o conxunto local, no […]

A Axenda: Friol como epicentro dunha nova xornada

Terceira División  – Polvorín – C.D. As Pontes (Domingo ás 16 horas na Cheda): practicamente un derbi. Con moitos lucenses nas súas filas, As Pontes buscará un triunfo para igualar en puntos ao filial lucense. Os de José Durán, logo da derrota ante o Estradense, precisan do triunfo para fuxir da zona crítica. Preferente Norte […]

A Axenda: o liderato da Preferente, en xogo en Cantarrana

A Axenda desta xornada ven protagonizada polo partidazo de Cantarrana, pero nen moito menos ten o protagonismo absoluto. Ademáis do partido da xornada, temos unha ampla oferta ao longo e ancho da nosa provincia. Terceira División – Racing Vilalbés – Bergantiños C.F. (Domingo ás 16 horas na Madalena): encontro trampa na capital da Terra Chá. […]

  • 1
  • 2