Xornada de derbis. Non só lucenses, senón comarcais. Coma o que disputaron o sábado o Castro e o Outeiro de Rei. Un partido sen moita historia. De claro color vermello de principio a fin. Omar e Iván González, con sendos dobletes, demostraron que a experiencia é un grao. Esta goleada deixa ao cadro de Juan Peón virtualmente descendido, a falla da pertinente confirmación matemática. O derbi dominical, disputado nas Valgas, tamén rematou en goleada. O Ribadeo apura as súas opcións de ascenso logo de superar a un Viveiro, que concedeu demasiadas facilidades en defensa. Un gol ao principio de cada tempo tumbou aos de Chusky, que tiveron dúas oportunidades claras. Non as aproveitaron e os de Cantarrana seguen en problemas.

Máis dificultades ten aínda o Atlético Escairón, que perdeu na casa ante o Atlético Arteixo. De pouco valeu o tempraneiro gol de Quiroguita. O que sí colleitou un punto importante foi a Residencia. Empate agridoce no feudo dun rival directo como o San Tirso. E dicimos agridoce porque Róber tivo un man a man no desconto, que a defensa coruñesa sacou na mesma liña de gol. Ademais, o Polvorín pechou a xornada na Preferente cun espectacular triunfo no Poboado. Remontou o gol do exblanquivermello Adrián Iglesias na derradeira media hora ante o As Pontes con goles de Jhon Cuadretti e Javi Rey. O do ’10’ espectacular nunha xogada individual. Tres puntos de ouro nun encontro no que se afastou a un rival e os posibles nervos que puideran aparecer cunha nova derrota. Por último, o Racing Villalbés non pasou do 0-0 inicial ante o Negreira. Encontro gris e agardemos que non haxa que recordar os dous puntos que voaron da Magdalena. A boa noticia é que os chairegos seguen en postos de promoción de ascenso.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*