Emilio García é un ‘one club man’. Leva toda unha vida adicada ao Taboada. 28 anos no clube e 15 como adestrador, etapa á que pon fin esta temporada. Comezou como xogador nas categorías inferiores e deu o salto ao primeiro equipo. Xa como futbolista, compaxinou o céspede ca dirección do conxunto xuvenil. Con 27 anos, decidiu retirarse e emprender unha nova aventura centrada no liderazgo técnico. Firme defensor da canteira, logrou ascender co cadro branquiazul á Preferente Galicia, o seu maior éxito. Antes de colgar definitivamente a pizarra, Emilio charlou con Futbolinlugo.

Futbolinlugo: Por que decidiches abandonar os banquillos?
Emilio: Por tres motivos. Un persoal, e é que necesito descansar; pola plantilla, á que penso que lle virá ben comezar de cero; e polo ruído que houbo este ano no pobo pola creación dun novo equipo. O campo de herba natural non aguanta e o Concello non deu solucionado ese problema.
F: Que balance farías da temporada, xa coa salvación no peto?
E: De aprobado. Tiñamos plantilla para quedar máis arriba, entre os oito primeiros. Houbo tamén moitas lesións de xogadores importantes en momentos puntuais.
F: Ao longo destes anos, cal dirías que foi o teu mellor momento?
E: O ano do ascenso a Preferente, pero houbo moitos bos momentos. O obxectivo era asentar ao equipo en Primeira Galicia e iso xa está feito.

 

Da igual que foto de familia se mire nos últimos anos no Taboada, alí sempre está Emilio García (arriba, primeiro pola dereita)

F: Hai moita diferenza entre Preferente e Primeira Galicia?
E: Si, sobre todo no ritmo. As categorías van en función del. Físicamente, hai más potencia, pero técnicamente non hai tanta diferencia.
E: E o peor momento?
R: Un moi curioso. O ano que se creou a Terceira Rexional, houbera un ‘follón’ e tiveramos que xogar un partido de salvamento ante o Muimenta. Gañamos, celebramos a salvación… pero a Federación no mes de agosto deulle un partido por gañado ó Muimenta e tivemos que enfrentarnos ao Pol, que pasaba a ocupar a praza de promoción de descenso, xa coa campaña a piques de comezar. Perdimos a penaltis en Santa Comba.
F: Que aspecto do fútbol cambiou máis desde que comezaches?
E: Ademais das instalacións, que melloraron moitísimo, tamén creceron os adestadores e os porteiros. A xente está máis preparada e iso nótase. O ritmo de xogo é moito máis alto ca cando eu xogaba.
F: Cal cambiarías ti?
E: As arbitraxes. Fano ben, pero en Segunda e Terceira Galicia debería haber linieres. Hai que subsanalo, porque se perde moito á hora de plantexar os partidos.
F: Cal foi o xogador máis destacado ao que tiveches a oportunidade de adestrar?
E: Moitos… sobre todo Guerreiro, agora no Antas, pero quédome con todos e coa súa melloría.
F: Que cualidades debería reunir un bo futbolista?
E: Valoro moitísimo a velocidade de execución. Non ser rápido ou non, senón facer velozmente os movementos.
F: Por último, algún mensaxe á toda afección, directivos e xogadores do Taboada?
E: Gustaríame darlle as grazas especialmente aos irmáns Cantina e a Marcos Vázquez. Tamén aos xogadores por facerme as cousas máis doadas e por suposto á afección.

Manu Amor, @ManuAmor1 para Futbolinlugo

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Redacción Futbolinlugo

Redacción Futbolinlugo

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*