Escomencei a ír á Escola de Fútbol Santiago de Foz ós 5 anos de idade.

O fútbol sempre foi a miña paixón, o que lle da sentido a miña vida pero non para facer deste deporte unha profesión senón polo feito de que disfruto cos meus compañeiros e comparto con eles o gusto por este deporte.

Miña nai sempre conta que dende ben pequeño xoguei coa pelota; algunha figura ou algún xarrón caeu na casa… Co meu pai saía á explanada do Paseo Marítimo de A Rapadoira a facer pases e tiros ou tamén na Praia sendo un pequerrecho.

Pero o que realmente me impactou e me calou fondo foi o atopar, dende os 5 anos e ata os 19 que teño na actualidade, os mesmos compañeiros de viaxe, as personas que comparten as miñas mesmas ilusións, as mesmas personas que de adestradores e compañeiros de Escola de fútbol pasaron a ser os meus amigos, a familia que eu elixín, cos que comparto o día a día, os que están nos momentos duros e difíciles que a vida pon no camiño e os que tamén comparten a miña ledicia e as boas novas, os que forman a miña pandilla de amigos de sempre e que actualmente tamén son os meus compañeiros de equipo.

Disfrutamos xuntos da mesma paixón, compenetrámonos, entendémonos só con mirarnos e iso tradúcese no campo e nos vestuarios nunha sintonía máxima da canteira, da base da que sempre formamos parte do noso querido pobo de Foz. Quizais tamén isto é debido a que todos xogamos xuntos ó fútbol no patio do noso colexio ou no noso querido parque chamado cariñosamente “o poli” ou para algúns tamén coñecido como o Campo da Cabana. Alí pasamos moitas horas na pista de cemento, moitas merendas, moitos veráns ata a medianoite, moitas risas, moitas “noites alternativas” formando o mesmo equipo, algún que outro enfado ou riña tamén. Con todas estas vivencias o que conseguimos é facernos amigos con lazos indisolubles, cada vez máis fortes, empezamos a ser así amigos de verdade.

Amigos cos que compartes horas e horas de adestramento , amigos que competimos xuntos por un mesmo obxectivo, amigos que necesito para ser mellor persoa, para sacar o mellor de mín mesmo incluso para ser mellor futbolista. Amigos que te entenden cando estás sancionado ou cando tes unha lesión, amigos que te motivan, que che dan ánimos, que te cuidan e incluso que te miman cando non venta a favor.

Eses amigos cos que celebras un gol, unha victoria, un ascenso ou cos que logras evitar un descenso; amigos cos que pasas horas de viaxe, cos que quedas antes ou despois dun entrenamento . Eses amigos comenzan a ser más que uns amigos. Amigos que pasan a ser “irmáns”. Personas que o dan todo por min.

Supoño que esta amizade manterase ao longo da miña vida, incluso fóra do fútbol. Seguir unidos durante a viaxe da vida porque nun momento da nosa corta vida nos coñecimos polo fútbol. O meu pai sempre di que unha das cousas máis valiosas que nos da o fútbol son as amizades que nos deixan.

Tamén forman parte do equipo persoas moi importantes para min porque nun momento dado da miña vida, na miña nenez, aportaron á miña persona formación deportiva pero, o máis importante, tamén formación en valores e que actualmente seguen aportándome moitas cousas boas e agradables, tanto dentro como fóra do campo: conversas, consellos, palabras de alento, risas, incluso moitas veces eventos personais e familiares que compartir. Formo parte da súa vida e eles da miña, a tódolos niveis, sen excepcións. Fanme sentir único e especial aínda que me leven 20 anos.

O fútbol é un estilo de vida para mín e nese estilo de vida a amizade, o compañerismo, ser e formar parte de un equipo é do que me sinto orgulloso.

Asier Burundarena, xogador do CD Foz e amante do fútbol.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*