Tan só 17 anos. E xa é un dos habituais no primeiro equipo do Monterroso, militante na Primeira Autonómica. “Rulo”, como agarimosamente lle chaman os seus compañeiros e amigos, xa sabe o que é anotar nunha competición sénior, e incluso levar o peso do xogo nas súas botas.

Versátil, técnico, traballador… son algún dos calificativos que poden definir a un xogador que disputa dous partidos case todas as semanas. Hoxe, falamos con Rulo para coñecer un pouco máis sobre el e sobre un rapaz de tan curta idade leva o adestrar e o xogar con audultos.

FUTBOLINLUGO: Ola Raúl. Para comezar, como se sente un rapaz de tan só 17 anos xogando en Primeira Autonómica?

RAÚL: Moi ben, os compañeiros fixeron que a adapatación á categoría fose moi sinxela, estou moi contento.

 

FUTBOLINLUGO: De feito, xa levas algún gol na túa conta particular. Imaxino que será un orgullo anotar para o equipo da túa vila na que é unha gran competición…

RAÚL: Desde logo, é todo un orgullo meter goles no equipo da vila. Desde que eres pequeño, baixas domingo tras domingo a Cerdeiriños e soñas con meter goles algún día nese campo.

 

FUTBOLINLUGO: Cales son os obxectivos do equipo sénior nesta campaña?

RAÚL: Trataremos de estar arriba e loitar por todo ata o final.

 

Os habituais en Cerdeiriños estanse acostumando a ver a Raúl nos onces iniciais.

FUTBOLINLUGO: Falando agora dos xuvenís, cos que tamén xogas partidos. Como é o ambiente no vestiario?

RAÚL: Moi bo. O grupo é fantástico. Moitos levamos xuntos desde moi pequenos e, polo tanto, estamos moi unidos.

 

FUTBOLINLUGO: Cales son os obxectivos, entón, do equipo xuvenil?

RAÚL: Os obxectivos son traballar moi duro pola semana e competir sábado tras sábado.

 

FUTBOLINLUGO: Imaxínaste nunha categoría superior nos próximos anos?

RAÚL: Non pensó niso, Estou desfrutando moito deste momento.

 

FUTBOLINLUGO: Moitas gracias por atendernos, Raúl.

RAÚL: A vós.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*