Cita histórica na División de Honra Xuvenil
Si. O campo da Reigosa, en Friol, será testemuña este domingo ás 12 dun acontecemento histórico no fútbol base da provincia lucense. Por que? CD Lugo e Racing Club Villalbés de xuvenís mediránse nun choque correspondente á 25ª xornada da División de Honra Xuvenil.

Ambos conxuntos chegan ao partido en situacións pouco acordes cos seus méritos. O CD Lugo -penalizado polo seu mal inicio de campaña- atópase na décima posición, con sete puntos de vantaxe sobre o descenso, e o equipo chairego chega ao derbi na última posición da táboa, pero nunha boa dinámica que o aproxima aos rivais máis próximos.

Porén, un derbi é un derbi, e se este dispútase na máxima categoría do fútbol base español, cobra aínda máis importancia. Durante 90 minutos, deixaránse de lado os puntos e a clasificación, e o único que importará será obter a vitoria ante o eterno rival.

A priori, o terreo de xogo favorecerá ao clube capitalino polo seu xogo combinativo, pero o Racing Villalbés leva toda a campaña demostrando que ningún rival en ningún campo é superior ás súas ambicións e ilusións nesta División de Honra na que, pase o que pase de aquí á conclusión da temporada, os xogadores xa escribiron unha páxina moi importante na historia de Vilalba.

Na ida, disputada no Estadio Roca, o Lugo levouse os tres puntos (1-2). Por aqueles días, Futbolinlugo xa fixera unha previa do primeiro derbi lucense na División de Honra, que podedes lembrar premendo aquí. Aquel derbi non estivo exento de polémica, xa que o gol da vitoria albivermella foi asinado nun penalti moi protestado polos locales.

Quizais este antecedente contribúa a que o Racing se lance polo triunfo este domingo. Ou quizais sexa o Lugo o que salte ao campo da Reigosa decidido, para demostrar que os tres puntos conseguidos na en Vilalba non foron casualidade. Xa sabedes, o típico dun derbi provincial: ilusión, gañas de demostrar, nervios previos… pero, sobre todo, moito fútbol e de moita calidade!

Recomendamos a todos os siareiros que queiran disfrutar dunha boa mañana de domingo que se aproximen ata Friol, porque a historia ás veces tan só é escrita unha vez!

 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*