#Fútbol afeccionado #Segunda Futgal

Volveu a Segunda Galicia, con derbis e moito en xogo (parte II)

Esta fin de semana regresou o fútbol na categoría da Segunda Rexional. Despois do parón provocado pola pandemia, a división ten agora máis equipos. Houbo ascensos, pero non descensos. Os tradicionais grupo norte e sur dos últimos anos subdivídense en dous cada un na primeira fase.

O primeiro tramo de competición constará de catorce xornadas, agás o formado polos equipos de Lugo cidadeUlloa, comarca de Sarria (sen Oural) e a SD Becerreá que terán dezaseis partidos ao ser nove conxuntos.

Os catro primeiros clasificados de cada subgrupo xogarán por ascender e os restantes por non descender. Os equipos accederán á segunda fase cunha puntuación representativa acorde a posición da primeira fase.

Na zona sur haberá un ascenso á Primeira e dous descenso á Terceira. Pedímoslles aos adestradores dos clubs que nos describiran as sensacións deste inicio de campaña:



Lugo Grupo 2A: Lugo concello, Ulloa, O Páramo, Paradela e a SD Becerreá:

SD Becerreá: Antón Méndez, adestrador: «Esperabamos o primeiro partido con moita ilusión despois de tanto tempo sen poder desfrutar do que máis nos gusta. Agardamos que co paso das xornadas o equipo poda ir mellorando e collendo a experiencia que quizais nos falte agora o principio porque somos un conxunto moi novo».

SD O Páramo: Santi López, adestrador: «A todo o lío da covid, sumámoslle a directiva nova con moitas ganas de facer as cousas ben, moitos xogadores novos no equipo, ano e medio sen competir,… Pero ilusionados e traballando para facer que o Páramo sexa un equipo atractivo, de bo trato e bo ambiente. A nivel deportivo queremos competir e non pasar apuros sen renunciar a nada. As ligas curtas son traicioneiras: dous bos resultados de inicio e todo vai rodado; en cambio dous patinazos e comezan as dúbidas».

Santi López: «As ligas curtas son traicioneiras»



Santi López dirixe o Páramo logo da súa etapa no Santa Comba

SD Paradela: Rubén Bergantiños, adestrador: «Creo que nos colle a todos un pouco descolocados. Non sabemos moi ben onde imos estar en canto a nivel físico e táctico. Particularmente comezamos con moitas lesións. Imos empezar amodo e co pé cambiado, pero confío en que nos recuperemos e esteamos nos postos de máis arriba»

Palas CD: Iván Fernández, adestrador: «Con moita ilusión de volver a desfrutar de xogar. Intentar coller rápido o ritmo de competición. Ser competitivos dende o día un e a partir de aí ir mellorando partido a partido».

SDC Santa Comba: Martín Real, adestrador: «Con moito optimismo»

CD Corgo: José Seoane, adestrador: «Intentaremos transmitir no campo o que se ve en cada adestramento. Estamos desexando xogar cada encontro».

Sporting Lucense: Lolo, «Tiven que recompoñer de novo o equipo, pero chegaron xogadores comprometidos e cumplidores que axudan a que medre o nivel. Empatizaron moi ben cos que seguen que foron a columna vertebral do ascenso. Por estes dous motivos cremos que competiremos ben na Segunda Rexional».

SD Antas: Jesús Melendo, adestrador: «Non se sabe moi ben como estarán os equipos (ademais do novo formato). Apostamos por un cadro de futbolistas amplo porque as lesións van ser unha constante ao longo do ano despois de máis de ano e medio sen competir. Temos as metas claras: traballar día a día para seguir mellorando, sendo sempre ambiciosos e buscar o mellor. O equipo que mellor se adapte ao novo formato terá moito ganado».

Da SCD Milagrosa non tivemos resposta ante a nosa petición de ter unha valoración sobre o inicio de tempada.

Lugo Grupo 2B: Terras de Lemos, comarca de Sarria chegando ata Chantada e percorrendo Quiroga:

Ferreira CF: Jesse Vázquez, adestrador: «Con moitas ganas e coa ilusión de poder facer unha temporada onde podamos estar competindo polos postos que nos deixen xogar na segunda fase no grupo dos que pelexan polo ascenso».

CD Río Sil: Juan Diéguez, adestrador: «Con incerteza polo parón pero coas ganas de repetir o ben que o estabamos a facer e cunha idea clara: liga igualadísima e calquera pode gañar a calquera».

O Incio Terra Brava CF: Míchel Rodríguez, adestrador: «Con incerteza polo tempo parados e pola liga curta. Non vai permitir erros. Os resultados van ser todos moi xustos, somos conscientes diso. O primeiro obxectivo é quedar entre os catro primeiros e logo a aspiración é a máxima. Temos equipo para iso pero vai ser unha liga moi complicada».

CD Brollón: J.C. Gallardo ‘Chura’, adestrador: «Coa incerteza de como se vai desenvolver cos acontecemetnos post-covid que podan influir na competición. Pero moi ilusionados pola volta a normalidade e por ver outra vez que A Pobra está co equipo e volve acudir ao campo. Penso que é un ano no que ningún equipo se vai poder poñer ningún obxectivo. Ante posibles lesións de xente que leva moito tempo sen xogar ou calquera brote que poda xurdir, vai ser unha competición de día a día».

SD Oural: Jorge ‘Negrete’, adestrador: «Á expectativa logo do tempo parado. A xente ten gana de xogar e imos ver como responden os corpos porque estámonos atopando con dificultades no tema físico. Esperemos que nos podamos meter aí entre os catro primeiros».

Ruboi: «Na nosa situación gustaríanos máis unha liga regular»

A ‘Xeración Z’ é protagonista no Quiroga ás ordes de Ruboi

Quiroga FC: Roberto Díaz ‘Ruboi’, adestrador: «Estamos moi ilusionados cos rapaces novos. Levamos a cabo unha rexeneración do equipo con xogadores de aquí que veñen de abaixo. Evidentemente con moito traballo por facer, pero teñen a ilusión e as ganas de traballar. Polas nosas características é complicado nesta ligas tan curtas nas que hai pouca marxe de erro. Gustaríanos máis unha liga regular, sobre todo, na nosa situación. O obxectivo é manter categoría e formar proxecto a longo prazo».

SD Chantada B: Adrián Méndez ‘Traste’, adestrador: «O obxectivo segue sendo nutrir de xogadores ao primeiro equipo. Clasificatoriamente falando, vimos dunhas tempadas nas que o filial estivo na zona baixa. Entón tamén o reto vai ser tratar de meterse neses catro primeiros para c

AD Bóveda: José Manuel Pasín, adestrador: «Con moita ilusión de ver como se renovou este equipo e afrontar este novo proxecto»

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *