#Fútbol afeccionado #Segunda Futgal #Terceira Futgal

Volven as ligas regulares na 2ª e na 3ª

A Real Federación Galega de Fútbol prepara a temporada 2022/2023 no fútbol afeccionado. Unha vez presentada a proposta do plan competicional da Preferente e da Primeira, reuniuse cos clubs da delegación de Lugo para presentar a súa idea de formato na Segunda e na Terceira Rexional.

galicia

En principio, a Segunda Galicia volvería estar dividida en dous grupos na provincia. Cada un con 16 equipos. Sería un total de 30 xornadas nas que habería dous ascensos en xogo por grupo. O primeiro clasificado subiría directamente. Do 2º o 5º xogarían un play off do que sairía o outro equipo de Primeira en cada grupo. Ao marxe dos posibles arrastres, só habería un descenso directo.

  • A Segunda Norte estaría composta por: Alfoz, Folgueiro, Comercial, Cabreiros, Xermade, Celta Barreiros, Guitiriz, Roupar, Candelaria, Iberia, Meira, Castro B, Muimenta, Goiriz, Cospeito e Fonsagrada.
  • A Segunda Sur estaría composta por: San Lázaro, Friol, Guntín, San Roque, Lemos B, Milagrosa, Chantada B, Becerreá, Ferreira, Paradela, Oural, Río Sil, Brollón, Corgo, Sporting Lucense e Carballedo.

De entrada, a Terceira Galicia tamén estaría repartida en dous grupos na provincia. Cada un con 12 equipos. Sería un total de 22 xornadas nas que habería tres ascensos. Os dous primeiros subirían de xeito directo. Do 3º ao 6º xogarían un play off do que sairía outro equipo de Segunda en cada grupo.

  • A Terceira Norte estaría composta por: Mondoñedo, Abadín, Matela, Friol B, Rioaveso, Cazás, Celeiro, Catro Roldas, Nuevo Nausti, Racing Villalbés B, Comercial B e San Roque B.
  • A Terceira Sur estaría composta por: Palas, Bóveda, Páramo, Quiroga, Incio, Santa Comba, Sober, Relámpago Taboada, Castroverde, Taboada B, Monterroso B e Rubián.

Na Terceira Norte aparecen tres novos equipos que son tres filiais. Os xa comentados nesta páxina Racing Villalbés B e Comercial, xunto co San Roque B. Non obstante, a participación do equipo de Montirón non semella estar clara e o grupo podería quedar finalmente con once equipos.



As novidades para os clubs tamén veñen na nova tempada cun incremento das cotas de mutualidade. Por exemplo en Segunda e en Terceira Rexional o custo incrementa en 6€ (pasa de 135€ a 141€).

Ademais a federación inclúe unha nova licencia, a do xogador a proba. Ten unha validez ata o 7 de setembro, un custe de 15€ e unha cobertura para os adestramentos e os partidos non oficiais.



Volven as ligas regulares na 2ª e na 3ª

Diario dun mercado. Episodio 302

Volven as ligas regulares na 2ª e na 3ª

Diario dun mercado. Episodio 303

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *