#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Terceira RFEF

Trío de Ases Terceira (Xornada 18) e Preferente (Xornada 16)

Non puido comezar mellor a xornada para os nosos representantes lucenses. Pleno de victorias na tarde do sábado. O Polvorín impúxose con comodidade ao Atlético Arteixo. Todos os goles chegaron na primeira metade. Doblete de Denís incluido ante o seu exequipo. Na segunda, o rival quedou cun home menos e o triunfo non perigou. Os de José Durán seguen así en zona de ascenso unha semana máis. Preto deses postos de privilexio atópase o Ribadeo. Máis aínda despois de golear ao Sofán no Pepe Barrera. Santi abriu a lata ao cuarto de hora para os mariñáns, que sentenciaron con dous goles consecutivos ao comezo da reanudación.

Na xornada do domingo, o Castro gañou ao Dubra cun gol de Omar no minuto 93. Os seus veciños de Outeiro tamén se levaron a victoria, despois de dez xornadas sen coñecela. Derrotaron pola mínima ao novo Atlético Escairón de Charly. E completou o pleno chairego, o Racing Villalbés, que se impuxo ao Ribadumia cunha actuación destacada dos irmáns Varela e do meta Pita, titular por primeira vez esta tempada. Os de Óscar Gilsanz acumulan nove xornadas sin perder. Todo o contrario, que a Residencia. Que segue nunha mala xeira. Os de Álvaro Meilán continúan unha semana máis en postos de descenso despois de caer por 1-2 ante o Ordes. Dous erros defensivos empañaron o bo partido en ataque dos capitalinos e as magníficas paradas do gardamallas Diego Bravos. Por último, o Viveiro tamén acusou os seus despistes na retagarda e perdeu na casa ante o San Tirso.



Trío de Ases Terceira (Xornada 18) e Preferente (Xornada 16)

Palabra de… Adrián Álvarez: O respecto, as

Trío de Ases Terceira (Xornada 18) e Preferente (Xornada 16)

As nosas redes falan!

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *