A sesión matinal do día 1 comezou con dous partidos dos nosos. Dous empates. O Castro non pasou do 0-0 inicial ante o Boimorto. O que sí rematou, foi con dous xogadores menos. Iván González e Hugo Buide, foron expulsados. Por certo, Javi López xogou con tres centrais dende o comezo. No entanto, a Residencia viuse no escenario contrario. Os de Álvaro Meilán igualaron a un gol a domicilio. Pena de non firmar o triunfo, xa que o Sofán xogou cun efectivo menos a última media hora de encontro.
Na sesión de tarde, tivemos un dejà vu. Comezou coma a da mañá. Cun equipo lucense, o Polvorín, xogando con tres centrais e empatando 1-1 ante o San Tirso. Cuadretti sufriu unha lesión muscular. Tamén firmaron ese mesmo resultado, o Atlético Escairón e o Viveiro de Chusky. O técnico celeste estrenouse puntuando no Saviñao. Peor sorte correron o Ribadeo e o Outeiro de Rei. Os mariñáns cederon ante o líder por un só gol de falta. E eso que tiveron dúas clarísimas para empatar no desconto. No entanto, o cadro de Juan Peón caeu con claridade ante o antigo colista Xallas. Agora son os lucenses o faroliño vermello. Por último, a gran noticia do mércores. O triunfo do Racing Villalbés no sempre complicado feudo do Negreira. Unha victoria que deixa o play off de ascenso a só dous puntos.

